5 de abril de 2018
O prazo de inscrición ordinario cerrouse o domingo 1 de abril. Desde o luns está aberto o prazo extraordinario de inscrición, que se prolongará ata as 23:59 h do 8 de abril. A cota de participación terá un incremento de 15 €. No caso da 10K, o prezo de inscrición será de 15 €.
Cada vez queda menos para o Maratón Atlántica Coruña42 e para a carreira popular 10K. O domingo 15 de abril, as rúas da Coruña encheranse de deportistas con moitas ganas de probarse. Como xa lembraramos en anteriores publicacións, o prazo de inscrición ordinario de ambas as probas finalizaba o pasado domingo 1 de abril.
Con todo, aquelas persoas que non puidesen inscribirse por calquera motivo alleo á organización da carreira, poderán facelo agora ata o 8 de abril ás 23:59 horas, data ata a que se estende o prazo extraordinario de inscrición.
A inscrición formalízase polas canles habituais cun incremento do prezo de 15 € no caso do Maratón C42. Así, o custo de inscrición nesta proba ascende a 40 €. Para as persoas que queiran participar na carreira popular 10K, o prezo pasa de 5 € a 15 €. A carreira popular 10K é pensada para aquelas persoas que aínda non están preparadas para unha proba tan esixente como un Maratón. O percorrido da 10K está deseñado para que eses corredores e corredoras poidan mellorar os seus tempos nunha distancia menos dura.
No enderezo coruna.gal/carreraspopulares/es está dispoñible toda a información sobre ambas as probas: inscrición, categorías, regulamento, normativa, entrega de premios, avituallamento... todo. Se vas participar no Maratón Coruña 42 preme aquí e se vas correr na carreira popular 10K e necesitas consultar información, preme aquí.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible