Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de febreiro de 2019

Participa dunha maneira diferente: apúntate a Voluntariado Deportes Coruña

Podes formar parte da organización de Medio Maratón C21, vivir a proba desde dentro e contribuír a facela posible. É un esforzo diferente e de carácter altruísta, pero que leva unha gran satisfacción por lles axudar activamente aos corredores e ás corredoras que cruzan a meta.

O éxito de Coruña21, así como de todas as carreiras que se desenvolven na cidade herculina, é froito non só da participación ou dos logros deportivos, senón tamén de todas as persoas que colaboran na organización, con especial mención ás voluntarias.

Elas e eles constitúen unha parte fundamental para o bo desenvolvemento destas probas e compoñen un grupo de traballo con diferentes motivacións, aos que lles gustan os eventos deportivos e que comparten a súa vontade altruísta de colaborar e apoiar diferentes acontecementos da cidade.

Nas súas enquisas de cada carreira, os e as corredoras deixan constancia da súa valoración a todas e cada unha das persoas voluntarias, que son sempre cualificadas cun 10 pola súa calidade humana, polo seu gran labor, polo respecto e a calor que transmiten en cada unha das súas accións.

Sen a vosa presenza, sumando esforzos co obxectivo de contribuír ao éxito, os eventos deportivos na nosa cidade non serían posibles.

Fan falta moitas mans que se sumen para sacar adiante unha proba que non comeza o mesmo domingo, senón moito antes, para poñer a punto cada un dos detalles que fan posible que unha cita deportiva deste calibre saia á perfección edición tras edición.

Agardámoste se tes máis de 18 anos e queres colaborar: inscríbete a través desta ligazón

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión