Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de abril de 2018

Pedro Nimo impartirá mañá sábado, en El Corte Inglés de Marineda City, a charla "A miña experiencia no maratón"

O Concello da Coruña preparou unha programación especial de cara á fin de semana da realización do maratón, no que se entregarán os dorsais e outros elementos ás e aos participantes de Coruña42

O atleta internacional Pedro Nimo participará o sábado 14 nun coloquio aberto á cidadanía no que se abordará a preparación necesaria para unha carreira destas características.

Charla "A miña experiencia no maratón", por Pedro Nimo.

Sábado 19.00 h

Salón de ámbito cultural

3ª planta El Corte Inglés - Marineda City. Prazas limitadas ata completar a capacidade.

Pedro Nimo foi campión de España Junior de Cros en San Miguel del Camiño (Valverde de la Virgen, provincia de León) en 1999. En 2006 foi o primeiro clasificado no Campionato de Galicia de Cros. En 2012 foi o campión de maratón de Galicia, e en 2014 foi proclamado campión de maratón en España.

Para máis información sobre as actividades e os servizos, pódese consultar a páxina web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión