11 de febreiro de 2014
Probablemente despois de estar inactivos durante un curto período de tempo, volvemos á práctica habitual, e ao día seguinte erguémonos con grandes dores que impiden movernos con normalidade. Luis Durán, técnico en Actividades Físicas e Deportivas, adestrador persoal e director da web Entrenamiento y Salud Coruña realiza unha pequena introdución a esta circunstancia.
Tras as festas Do Nadal, chega o momento de deixar a un lado as reunións sociais e os excesos, para centrarnos de novo na nosa saúde e na nosa preparación (xa sexa para un obxectivo concreto ou para manternos en forma). Chega o momento de volver adestrar.
Moitos de vós retomaredes o contacto co exercicio físico e o deporte, despois de longos períodos de inactividade. Despois de xa algúns anos sendo o adestrador persoal de moita xente, deime conta de que case todos cometedes o mesmo erro. Volver adestrar aos niveis nos que estabades antes do voso parón.
O único que conseguiredes con isto son unhas maniotas horrorosas.
Que son as maniotas?
Ata hai non demasiado, críase que as maniotas eran cristalizacións de ácido láctico que picaban o músculo. Os últimos estudos apuntan a que as maniotas son dor muscular de orixe retardada, é dicir, o máis parecido a unha inflamación, producida polas microlesións musculares que aparecen como resposta á falta de adaptación do músculo á intensidade do exercicio, o que provoca que se acumulen gran cantidade de metabolitos ou refugallos, que dan paso a unha reacción inflamatoria e irritan as fibras nerviosas producindo dor.
Como combatelas?
Sun Tzu en El arte de la guerra dicíanos que debemos aprender a escoller as batallas que loitar, e contra as maniotas é unha batalla perdida. O mellor remedio para as maniotas é previlas, pero en caso de non poder facelo:
Como previr as maniotas?
A clave está na progresión da carga do adestramento, ou o que é o mesmo, empezar aos poucos. Este é o mellor consello que vos poden dar para previr as maniotas.
Sé paciente á hora de empezar a adestrar, establece obxectivos realistas, mantén unha dieta equilibrada e comprométete contigo mesmo.
Podes acceder á web www.entrenamientoysaludcoruna.blogspot.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible