Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de novembro de 2017

O Concello abre a inscrición para participar na VI Carreira Popular Os Rosales, que se celebrará o 3 de decembro na Coruña

A proba, cuxa categoría absoluta comezará ás 10.30 horas, terá a súa saída e meta na rúa Manuel Azaña

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de abrir o prazo de inscrición para participar na segunda das probas do circuíto Coruña Corre desta tempada, a VI Carreira Popular Os Rosales. A vindeira cita do atletismo popular, tras visitar o barrio de Novo Mesoiro, terá lugar na mañá do domingo 3 de decembro. A carreira, que comezará ás 10.30 horas no caso da categoría absoluta, terá situada a meta e a saída na rúa Manuel Azaña. Durante 6.465 metros, as e os atletas populares percorrerán un trazado arredor do barrio, achegándose a ronda de Outeiro, avenida Fernando Suárez, O Portiño e a estrada dos Fortes para, unha vez estean na rúa Alfonso Rodríguez Castelao, encarar os últimos metros de Manuel Azaña. O peche de control será ás 11.30 horas e, de seguido, comezarán as probas das categorías inferiores.

Todas as persoas que desexen participar nesta VI Carreira Popular dos Rosales, tanto as que xa estean apuntadas no circuíto, como as que non, poderán formalizar a súa inscrición até o ás 23.59 horas do mércores 29 de novembro tanto a través da web www.coruna.gal/carreiraspopulares como de forma presencial na oficina de Viaxes El Corte Inglés en avenida de Rubine, nº 3-5, de 09.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas. Para as persoas que non formen parte de Coruña Corre, a súa cota de inscrición será de 2€ --agás para as e os menores de idade, que é gratuíta-- mentres que, para as persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove, será de 1€. Os dorsais poderán recollerse no polideportivo do barrio o sábado 2 de decembro, de 11.00 a 20.30 horas, así como o domingo 3 até unha hora antes do inicio de cada carreira. No recinto municipal estará situado o servizo de duchas e gardarroupa o día da proba, cuxa entrega de premios será ás 13.15 horas.

Por outra banda, a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento lembra que continúa aberto o prazo de inscrición para o Circuíto Coruña Corre e que, para poder puntuar neste, será necesario participar en 5 das 7 probas da serie, polo que as persoas interesadas en formar parte desta edición poderán anotarse até o mesmo día de peche de inscrición da terceira carreira da serie, a proba de Matogrande, que terá lugar o 14 de xaneiro de 2018. Os prezos deste ano son os mesmos respecto as últimas dúas tempadas, sendo 10€ para o público xeral de máis de 18 anos, gratuíto para as e os menores de idade, e de 7€ para o colectivo con bonificación --persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove--.

Toda a información sobre as categorías, sistema de clasificación e premios está dispoñible no regulamento do Circuíto, que pode consultarse no web www.coruna.gal/carreiraspopulares

Documentos:

Circuito-Os-Rosales.pdf (4 MB)

Circuíto Os Rosales (3 MB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión