Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de outubro de 2017

O prazo máximo para formalizar a participación na primeira carreira rematará o día 1 de novembro, mentres que para a serie completa finalizará no mes de xaneiro, á vez que na carreira de Matogrande

O Concello abre o prazo de inscrición na sexta edición do circuíto Coruña Corre, que arrincará o domingo 5 en Novo Mesoiro

As nenas e nenos que teñan cumpridos os catro anos na primeira proba poderán participar nesta tempada de carreiras populares, que mantén a inscrición gratuíta para menores de 18 anos

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de abrir o prazo de inscrición para participar no VI Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre. A serie de citas deportivas arrincará o próximo domingo, 5 de novembro, no barrio de Novo Mesoiro. Entre as principais novidades desta edición está o cambio da nomenclatura das distintas categorías, adaptándose así aos regulamentos da IAAF, RFEA e FGA, e a incorporación ao circuíto de nenas e nenos que teñan cumpridos os 4 anos á hora na data do inicio da primeira proba, e que formarán parte da categoría específica pre-benxamíns. Tras pasar por Novo Mesoiro, a serie continuará o 3 de decembro nos Rosales. Xa no 2018, a primeira proba terá lugar o 14 de xaneiro en Matogrande e, no mes de marzo, o sábado día 31, celebrarase a nocturna da Torre de Hércules. O circuíto volverá no mes de xullo, coa XI Baixada Popular Cross San Pedro de Visma, o día 1, e pechará a sexta edición coas probas de Oza, o 9 de setembro, e do Ventorrillo, que terá lugar o 23 de setembro.

A inscrición no circuíto pode realizarse desde esta semana e até a data de peche das solicitudes da terceira proba, a de Matogrande --que terá lugar o 14 de xaneiro--, a través da páxina web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares. Este ano o Concello manterá os prezos das últimas edicións, sendo 10€ para o público xeral de máis de 18 anos, gratuíto para menores de idade e 7€ para as persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove. Este colectivo tamén obterá descontos na cota de inscrición para cada unha das distintas carreiras, que será 1€, mentres que o prezo para as e os demais corredores que non estean inscritos no circuíto será 2€ --agás as e os menores de idade, cuxa inscrición é gratuíta tanto no circuíto como nas probas--.

VII Carreira Popular Novo Mesoiro

Para participar nas carreiras e obter un dorsal será necesario inscribirse en cada unha das probas, polo que a inscrición na VII Carreira Popular Novo Mesoiro, que xa está aberta, deberá realizarse antes das 23.59 horas do día 1 de novembro a través de www.coruna.gal/carreiraspopulares. Presencialmente, o espazo para formalizar a inscrición será a Oficina de Viaxes de El Corte Inglés da avenida de Rubine, 3-5 da Coruña, en horario de 09.30 a 14.00 horas, e de 16.30 a 20.00 horas.

Os dorsais estarán dispoñibles para as e os participantes o sábado 4 de novembro, de 11.00 a 20.30 horas, no Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro, así como o domingo 5 ata media hora antes do inicio de cada carreira. A proba absoluta comezará ás 10.30 horas, e terá a súa meta e saída na rúa Ancares. Será un percorrido de 5.535 metros aproximadamente, na que se sucederán dúas voltas ao longo do barrio. O peche desta proba será ás 11.30 horas e, de seguido, comezarán as das categorías inferiores.

Toda a información sobre as categorías, sistema de clasificación e premios está dispoñible no regulamento do Circuíto, que se pode consultar no web www.coruna.gal/carreirasgalegas

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión