Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Carreras Populares

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

20 de abril de 2019

O Concello abre o prazo de inscrición para participar na XII Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma, que se celebrará o 5 de maio

A quinta proba da tempada de Coruña Corre, que combina terra e asfalto, recupera seu percorrido habitual

O Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre retomará a súa actividade o domingo 5 de maio coa celebración da XII Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma. A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento acaba de abrir o prazo de inscrición para participar na quinta proba da tempada, coñecida entre as e os atletas populares pola combinación de terra e asfalto que propón nas zonas de Visma e Bens.

A carreira retomará o seu percorrido habitual, logo da introdución, na pasada edición, de modificacións no seu trazado para incluíla entre os actos de conmemoración do 100 aniversario do RIBS Padre Rubinos. Así, de novo, a contorna do centro cívico do barrio será o punto de saída e de chegada da carreira da categoría absoluta, que comezará ás 10.30 horas da mañá e que contará cun percorrido de 6.450 metros, aproximadamente, que discorrerá, na súa meirande parte, polo parque de Bens. Tralo peche da categoría absoluta, ás 11.25, sucederanse as probas das categorías menores. Así, ás 11.35 horas, terá lugar a carreira sub18, á que seguirán as sub16, sub14, sub12 e sub10. Finalmente, ás 12.25 horas terá lugar a proba prebenxamín, para nenas ou nenos de 2012, 2013 e 2014. Unha vez rematen estas probas, contra ás 12.45 horas, terá lugar a entrega de premios no palco situado xunto á zona de meta.

As inscricións na Baixada Popular de Cross poderanse facer, até o mércores 1 de maio, ás 23.59 horas, a través do portal web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares. Os dorsais poderanse recoller no centro cívico San Pedro de Visma ao longo da xornada anterior á celebración da carreira--o sábado 4, de 11.00 a 20.30 horas-- e o propio día da proba, até unha hora antes do inicio de cada carreira. Como é habitual nas carreiras de Coruña Corre, as e os participantes contarán con servizo de gardarroupa e duchas.

A de San Pedro de Visma será a última carreira do circuíto municipal antes do período estival. A actividade deportiva retomarase no mes de setembro coa VIII Carreira Popular Volta a Oza. Para máis información sobre esta e outras probas de Coruña Corre, pódese visitar o web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares.

Botones sociales

  • Logo pie
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?