Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Carreras Populares

Cuándo:

4 de octubre de 2018

O Concello desprega un dispositivo especial de tráfico co gallo da celebración, este domingo, da XII Carreira Popular Coruña10

A proba comezará ás 10.00 horas e os primeiros cortes produciranse ás 06.00 horas, na avenida da Habana, punto no que se sitúa a saída

A enseada do Orzán acolle este domingo, 7 de outubro, unha nova edición da Carreira Popular Coruña10, organizada pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento. A celebración da proba, na que participarán máis de 4.180 persoas, provocará modificacións na circulación do tráfico rodado durante o seu desenvolvemento.

O dispositivo comezará ás 6.00 horas con afección na avenida da Habana, punto no que se situará a saída da carreira. Desde ese momento, e até as 9.45 horas, desviarase o tráfico da avenida da Habana cara á praza de Portugal e Alfredo Vicenti. A partires das 9.45 e até as 10.20 horas, producirase o corte total na zona polo paso da carreira e, até as 11.30 horas, volverase a desviar o tráfico da avenida da Habana cara a praza de Portugal e Alfredo Vicenti. Finalmente, contra ás 11.30 horas, recuperarase a conexión co Paseo Marítimo. Ademais, entre as 8.00 e as 14.00 horas cortarase o Paseo Marítimo, á altura do Pazo dos Deportes de Riazor --no que se situará a meta--, e Manuel Murguía entre Almirante Eulate e Calvo Sotelo. Na zona de Manuel Murguía. entre as 8.00 e as 10.30 horas desviarase a circulación por Almirante Eulate, Julio Rodríguez Yordi, Praza Marina Mercante e Paseo de Ronda. Entre as 10.30 e as 14.00 horas, desviarase por Almirante Eulante e Manuel Murguía para finalmente, recuperar, contra ás 14.00 horas todas as conexións ao tráfico e liberando a zona.

En relación ao circuíto, e ao paso do grupo polo mesmo, entre as 9.45 e as 10.15 horas está previsto o paso das e dos participantes por Paseo de Ronda, polo que se cortará a vía entre Gregorio Hernández e Manuel Murguía e o tráfico desviarase cara a Peruleiro e a rotonda do pavo real. Tamén nese tempo cortarase o acceso á rúa Pedro Ferrer -- na que se atopa o aparcadoiro da Casa da Auga--.  Entre as 9.45 e as 10.30 horas, producirase o corte total da circulación no Paseo Marítimo, desde a glorieta do Millennium até a rúa Almirante Eulate e o tráfico reporase entre as glorietas ao paso da última persoa participante.

Outras afeccións

A celebración da Coruña10 provocará outras afeccións ao estacionamento. Así, suprimirase diante do Pazo dos Deportes desde o sábado 6, ás 8.00 horas, así como no Paseo de Ronda á altura das Esclavas. Nas zonas de estacionamento que se atopen dentro do percorrido prohibirase desaparcar entre as 10.00 e as 11.30 horas, e entre as 9.45 e as 11.15 horas suprimirase a entrada de vehículos ao aparcadoiro do Aquarium Finisterrae.

Finalmente, de 8.00 a 14.00 horas, suprimirase a parada de taxis de Paseo de Ronda - Esclavas.

Botones sociales

  • Logo pie
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?