Ilustración de David Sánchez, CC-BY.
Un complemento necesario para a subsistencia
A pesar de que a agricultura parece ser a actividade esencial para a subsistencia, a gandería era unha tarefa de gran relevancia para complementar a dieta e para garantir a estabilidade dos cultivos.
A cabana gandeira estaba composta por ovellas, cabras, vacas e porcos. Tamén está ben documentada a crianza de cabalos e cans, pero non é probable que fosen empregados para o consumo, ou non de maneira cotiá. Da ovella e da cabra obtíñase carne e leite (da ovella, tamén la), da vaca aproveitábase o leite, a carne, o coiro e os tendóns; dos porcos a carne e a graxa.
Como modo complementario á subsistencia, realizábanse actividades como a caza e a recollida de froitos silvestres e landras.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible