Ilustración de David Sánchez, CC-BY
O vestir non é só unha moda
Unha actividade fundamental, mais non sempre visible no rexistro arqueolóxico, é a elaboración das teas e as vestimentas. A actividade téxtil, a priori, parece ser unha tarefa propia do ámbito doméstico. Os teares serían colocados nas áreas mellor iluminadas da casa, e a pesar de que maioritariamente deberían ser empregados por mulleres, non podemos descartar que os homes participasen.
A estrutura dos teares sería de madeira, usando pesas e fusaiolas de pedra e cerámica. A función das pesas é a de dar tirantez aos fíos da urda no tear para poder confeccionar os tecidos. Estes novos instrumentos achegaron rapidez e comodidade ao traballo do fiado, coa consecuente mellora da calidade do fío. A obtención de nobelos permitiu o almacenamento de materia prima para traballar con eles cando fose necesario.
O fiado implicaba obter teas de distinta orixe. A la, por exemplo, podería ser obtida pola caída natural anual do vélaro, a pesar de que non é descartable que fose esquilada directamente (existen varios exemplos de tesoiras de grandes dimensións). Unha vez extraído, a la era lavada para eliminar a sucidade e a graxa ou lanolina que a cubría. Unha vez seca, enrolábanse os copos e fregábase entre as mans para formar as fibras que facilitaban o fiado.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible