981 184 385
CARNÉ DE SOCIO
Solicitude de carné de socio
A Tarxeta Millennium é válida para acceder ao servizo de préstamo da biblioteca, simplemente é necesario activar este servizo mediante a presentación dela acompañada do DNI do titular en calquera das Bibliotecas Municipais.
No suposto de non ser titular da citada tarxeta, é necesario solicitar o carné de socio, para iso débese achegar a seguinte documentación:
Adultos:
Menores:
A solicitude tamén se pode realizar a través da páxina web: www.coruna.es/bibliotecas, para recoller o carné, a persoa interesada debe presentarse na biblioteca que indicou na citada solicitude achegando o DNI.
Substitución do carné por roubo ou deterioración técnica del
No caso de que a substitución do carné se produza por deterioración técnica del, sen responsabilidade do usuario, non é necesario aboar ningunha taxa, así como, no caso de roubo, coa condición de que se presente o DNI e a correspondente denuncia.
Nestes casos tramitarase directamente na biblioteca.
Substitución do carné por neglixencia do usuario
No caso de que a substitución do carné se produza por neglixencia do usuario (perda ou deterioración física del) é necesario solicitalo por escrito nunha das oficinas do Rexistro Xeral Municipal ou no Rexistro da Área Económica Municipal achegando a seguinte documentación:
SERVIZO DE PRÉSTAMO
O préstamo esténdese só a literatura galega.
Prazo do préstamo:
Solicitude prórroga do prazo do préstamo:
NORMATIVA
Lei 17/2006 do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia, publicada no BOE núm. 39 do 14 de febreiro de 2007.
Lei 10/2007 do 22 de xuño, da lectura, do libro e das bibliotecas, publicada no BOE núm. 150 do 23 de xuño de 2007. Corrección de erros, publicada no BOE núm. 224 do 18 de setembro de 2007.
Lei 5/2012, de 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia, publicada no DOG núm. 122 do 27 de xuño de 2012 e no BOE núm. 161 do 6 de xullo de 2012.
Dende o 03/05/2024 ata o 17/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible