Valeria Castro no Teatro Colón
Para público en xeral
28/06/2024
21.00 horas
desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos ou persoas desempregadas
desconto do 25% para familia numerosa
*Os descontos aplicaranse previa presentación do documento que acredite o desconto
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Adhesión Mercantil Coruñesa SL
Valeria Castro é dona dunha voz sensible, fráxil, propicia para o calafrío. O seu primeiro álbum "Con cariño y con cuidado" é unha radiografía da alma formulada en primeira persoa; un exercicio de autoestima e amor propio e, sobre todo, a constatación de que o seu asinante só sabe falar daquilo que verdadeiramente lle concerne e conmove. Nada do que canta e conta Valeria comprenderíase sen toda a súa bagaxe previa; sen o alento dunha terra, unha familia e unha veciñanza, sen a pegada indeleble da súa illa: A Palma. Non canta só ela, a título particular: canta todo un pobo, unha maneira de concibir a vida. É a voz da sinceridade e a esencia. Unha gorxa en carne viva.
Estamos ante un traballo cun fío condutor ou unha espiña dorsal. É o autorretrato dunha rapariga insular ultra sensible que se abre en canle e deixa que nos asomemos ás entrañas mesmas da alma. O testemuño, en primeira persoa do singular, dunha moza que fai da súa verdade o xerme irrenunciable da súa mensaxe. A zona cero dunha confesión de empatía e sinceridade devastadoras.
Con tan só 24 anos, Valeria Castro, o novo talento que anos atrás Alejandro Sanz descubriu en Instagram e con quen despois cantara en directo o "Corazón Partío", deixou de ser unha promesa para ser unha realidade, sen dúbida una das voces máis prometedoras do mundo hispanofalante. O seu primeiro LP será presentarase en máis de 10 países, enchendo prazas tan importantes como "Noches del Botánico" e cantando con artistas da talla de Vetusta Morla, Silvana Estrada ou Vicente García. En setembro de 2023 recibe o seu primeiro nomeamento aos Latin Grammy na categoría de Mellor "Canción de Autor" pola súa canción "a raíz" e en novembro de 2023 consegue ser proposta ao Premio Goya á "Mellor canción orixinal" polo "Amor de Andrea", composto e interpretado xunto con Vetusta Morla.
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible