Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña sen drogas

Aínda recoñecendo a importancia que os factores ambientais desempeñan no consumo de drogas, esta é unha conduta individual. Neste sentido, aínda que o contexto social pode exercer unha gran presión cara ao consumo destas sustancias, o individuo pode ter a posibilidade (se é a súa decisión e dispón das capacidades necesarias para mantela) de rexeitar tal presión e mesmo modificar o ambiente. Desta forma, ponse de manifesto a importancia que as características individuais xogan no inicio e o mantemento do consumo de drogas posto que, en función delas, cada persoa dá diferente significado aos efectos de cada sustancia e interpreta dunha maneira ou outra as influencias ambientais.

Factores individuais de risco

  • Conduta antisocial: falta de conformidade coas normas sociais
  • Pouca capacidade para as relacións interpersoais
  • Elevada procura de sensacións (tendencia a experimentar sensacións novas e intensas, a miúdo sen reparar nos riscos que iso implica)
  • Baixa autoestima e baixa asertividade
  • Escasa tolerancia á frustración
  • Alta necesidade de aprobación social e falta de autonomía respecto ao grupo
  • Dificultade para o manexo das emocións
  • Baixo aproveitamento escolar
  • Falta de habilidades para tomar decisións ou resolver problemas
  • Expectativas positivas respecto das consecuencias do consumo de drogas
  • Pouco coñecemento sobre as drogas
  • Consumo temperán de drogas
  • Consecuencias do abuso físico, sexual ou emocional
  • Actitudes favorables cara ao consumo de drogas
  • Ausencia de valores ético-morais

Factores individuais de protección

  • Resiliencia (capacidade para afrontar situacións difíciles e adversas; adaptación)
  • Crenza na orde social
  • Autoconcepto e autoestima sans
  • Habilidade para a toma de decisións e resolución de problemas
  • Pensamento autónomo, crítico e creativo
  • Presenza dun proxecto de vida
  • Valoración da saúde
  • Habilidades para adaptarse ao cambio
  • Capacidade para establecer empatía
  • Capacidade para establecer e manter relacións interpersoais
  • Capacidade para manexar a presión de grupo
  • Relacións sociais positivas
  • Capacidade para manexar emocións propias e para manexar tensión ou estrés
  • Logo Concello da Coruña
  • Logo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?