Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña sen drogas

Existen moitas causas e moitos factores que fan que o consumo de drogas non sexa exclusivo dun grupo ou estrato social, económico ou cultural determinado, senón que afecta á sociedade no seu conxunto.

En xeral, o uso de drogas corresponde a un afán de fuxir da realidade; as drogas proporcionan unha vía de escape, un alivio temporal aos problemas persoais, familiares ou sociais.

  • Factor de risco: un atributo e/ou característica individual, condición situacional e/ou contexto ambiental que incrementa a probabilidade do uso e/ou abuso de drogas (inicio) ou unha transición no nivel de implicación con elas (mantemento).
  • Factor de protección: é un atributo ou característica individual, condición situacional e/ou contexto ambiental que inhibe, reduce ou atenúa a probabilidade de uso e/ou abuso de drogas ou a transición no nivel de implicación con elas.

É moi complicado definir unha causa do abuso de sustancias, xa que a conduta asociada ao consumo de drogas está influída por múltiples factores, de forma que nunca se pode identificar unha causa única ou establecerse relacións simples de causa-efecto.

  • Un simple factor de risco pode ter múltiples resultados
  • Varios factores de risco ou de protección poden ter un impacto nun simple resultado
  • O abuso de drogas pode ter efectos importantes nos factores de risco e protección
  • A relación entre os factores de risco e de protección entre si e as transicións cara ao abuso de drogas poden estar influídas de maneira significativa polas normas relacionadas coa idade

Unha análise superficial pódenos levar a pensar que o verdadeiro causante da drogadicción hai que buscalo nas propiedades da sustancia. Con todo, aínda que é certo que cada droga ten uns efectos e unha capacidade adictiva determinada, tamén hai que ter en conta que a sustancia só adquire a súa importancia na medida en que cumpre unha determinada función para o usuario no marco dun contexto social que lle outorga un significado concreto.

Xunto ás características da droga, tamén xogan un importante papel respecto ao abuso delas as características da persoa consumidora, xa que esta non é un elemento pasivo que se limita a responder ante os efectos farmacolóxicos da sustancia ou a sufrir indefensa as influencias do ambiente. Pola contra, o individuo é o verdadeiro protagonista da conduta do consumo de drogas, é quen dá un significado ou outro ao efecto das sustancias adictivas e é quen interpreta (ou mesmo modifica), o ambiente en que vive.

A modo de conclusión:

  • Hai factores de risco fixos, variables e causais
  • Un só factor de risco non implica que se vaia producir o consumo de drogas
  • Están presentes nun mesmo individuo, grupo ou comunidade (interacción dinámica)
  • Son cambiantes entre individuos e en diferentes situacións no mesmo individuo
  • Dependen da maneira en que se desenvolveu o contexto e da historia do individuo
  • Son probabilísticos, porque aumentan ou diminúen a probabilidade de que se presente o consumo
  • Permiten coñecer o problema, ao poder identificar as áreas máis vulnerables
  • A maior número de factores de risco é maior a probabilidade de consumir drogas e ter outras condutas-problema
  • Os factores de protección amortecen os factores de risco
  • Aínda se descoñece cales son os factores de risco e protección máis importantes
  • A prevención pode incidir tanto nos factores de risco (diminuíndoos) como nos de protección (incrementándoos)
  • Logo Concello da Coruña
  • Logo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?