Concello da Coruña

Concello da Coruña

Os do fondo da barra presentan "Banzo"

Os do fondo da barra é un grupo de música galega que naceu no seo da Asociación Cultural Xacarandaina, na cidade da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/05/2024

Horario:

20.30 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

  • Platea : 12,00 €
  • Palco central + Palco Real + Palco lateral: 10,00 €
  • Principal: 8,00 €
  • VR + MR: 6,00 €

Prezo con desconto: desconto do 20% para Carné Xove, > 65 anos ou persoas desempregadas / desconto do 25% para familia numerosa.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Os do fondo da barra é un grupo de música galega que naceu no seo da Asociación Cultural Xacarandaina, na cidade da Coruña. Esta asociación leva 45 anos en activo e é un dos grandes referentes do folclore do país polo seu labor en prol da recuperación do patrimonio cultural de Galicia.

Este grupo está composto por 12 homes que interpretan cantos que se recolleron polo territorio galego, coa pretensión de representar os cantares masculinos da arte inmaterial de Galicia. Os do fondo da barra presentan o seu novo proxecto musical, Banzo. Un traballo discográfico que contén temas propiamente tradicionais dándolles un tratamento folk actual máis achegado ás novas correntes 'World Music'. Nel pódense escoitar cantos de taberna, cantos mariñeiros e cantos de acompañamento ao baile, utilizando distintos instrumentos de percusión de man e outros como acordeón, gaita, saxofón, tamboril ou bombo con pratos turcos.

Banzo represéntase a través dun espectáculo onde se empregan distintos elementos tradicionais, tanto musicais como de movemento, baixo unha composición actual; ofrecendo unha nova visión escénica da cultura tradicional e considerándose un espectáculo de corte contemporáneo. Todo baixo a dirección artística do afamado folclorista Quique Peón.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión