Concello da Coruña

Concello da Coruña

CIDEA

Nome que nace da unión entre Coruña e Idea. Un proxecto ambicioso que pretende axuntar cultura e industria.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/02/2015 ata o 22/02/2015

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

En concordancia co proxecto Coruña Futura e dando sentido ao proxecto de Distrito Creativo promovido polo Concello da Coruña, que nace coa intención de transformar o centro histórico da Coruña e a súa contorna nun espazo activo próximo ao coñecemento, a innovación, o turismo e, en definitiva, á creación, proxéctase o Centro de Produción de Deseño CIDEA, dende onde se poñen agora en marcha unha serie de talleres.

O nome nace da unión entre A Coruña e Idea. Un proxecto ambicioso que pretende xuntar cultura e industria, como medio para poñer en contacto a profesionais de nivel internacional con creadores locais. Ademais de potenciar o eixo que conforma o distrito creativo, CIDEA xorde co obxectivo de dar un nome e un carácter propio á cidade, unha idea xerada por e para os artistas e creadores.

CIDEA ten o seu eixo na área urbana que coñecemos como A Maestranza, unha zona onde se encontran lugares ligados á arte e ao deseño de grande importancia patrimonial, como a Fundación Luis Seoane e formativo, como o Reitorado da Universidade da Coruña, que conta no seu plan de estudos coas escolas superiores de Arquitectura e Deseño Industrial, así como a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso.

CIDEA nace «NA» cidade, «PARA» a cidade e «DENDE» a cidade. Porque se integra nun contexto, axuda ao seu desenvolvemento e tratará de proxectalo, exportando unha imaxe da cidade, pero tamén dos seus profesionais máis creativos.

CIDEA situarase na Antiga Comandancia Militar de Obras, na avenida do Metrosidero, recentemente cedida polo Ministerio de Defensa ao Concello da Coruña; mentres non se realicen as obras de adaptación das devanditas instalacións, a actividade correspondente ao CIDEA realizarase provisionalmente na sede da Fundación Luis Seoane.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión