Concello da Coruña

Concello da Coruña

S8 7ª Mostra de Cinema Periférico

(S8) 7ª MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO SALA (S8) PALEXCO, CGAI, AFUNDACIÓN, FUNDACIÓN LUIS SEOANE

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/06/2016 ata o 05/06/2016

Xa rematou

Baixo o nome de "Os novos impresionistas", o (S8) celebra unha edición especial na que se poderán ver programas sobre cineastas como o canadense Stephen Broomer, coas súas películas en 16mm, e o francés Jacques Perconte, artista do glitch que presentará unha performance con música en directo e unha exposición da súa obra, ademais da estrea da súa última peza Save my heart from the world. Así mesmo, o festival presentará unha sesión de novos traballos arredor da idea do impresionismo no cinema e un programa histórico dedicado a Germaine Dulac. O (S8) traerá á cidade, como vén sendo habitual, varios pesos pesados do cinema de vangarda: o estadounidense Saul Levine e dos británicos Nicky Hamlyn, que estreará un novo filme performance feito para a ocasión, e William Raban, figura clave do cinema expandido, que tamén ofrecerá unha master class. Completa a programación o cinema máis suxestivo feito en Galicia (Sinais), cun foco dedicado á cineasta galega Xiana Gómez-Díaz e un encontro de realizadoras arredor do proxecto 'Cinema e muller'. A guinda poñeraa un programa especial dedicado ao festival belga L'Âge D'Or (Bruxelas) e outro á plataforma de creación e apoio a cineastas LIFT (Toronto). Ademais, o festival contará coa presenza da colaxista punk Martha Colburn, o 2º Encontro internacional de programadores e un Special Screening da película Oleg y las raras artes de Andrés Duque. Coma sempre as noites do festival (2 ao 4 de xuño) son terreo para o filme performance.

+ info

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión