Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

"Confi, o golfiño Manoliño", da Xanela do Maxín (auditorio)

Cuándo:

04/06/2024

Inscripciones:

Desde el 31/05/2024 hasta el 04/06/2024

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

Horario:

Dous pases: 17.00 e 18.30 horas 

Duración:

50 min aprox.

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

De balde e con inscrición previa

Teatro para público familiar

Presentación na nosa cidade do novo espectáculo da compañía. 

Coa misión de difundir a defensa do medio ambiente, "Confi, o golfiño Manoliño" é un espectáculo de teatro-documento que narra os feitos reais da loita pola supervivencia do arroaz que frecuenta as praias da ría de Muros e Noia, ofrecendo unha visión ampla do tema e concienciando sobre a importancia do coidado do medio mariño e da vida salvaxe.

Traballo actoral, monicreques e proxeccións para mentalizármonos e sensibilizármonos.

A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora e haberá dous pases:

Haberá que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions

Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión