Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

III Concurso Imaxina: Aberto o prazo de inscrición ata o 5 de novembro

Cuándo:

9 de octubre de 2023

O concurso desenvolverase dende o mes de novembro de 2023 ata o mes de abril de 2024

Ábrese o prazo de inscrición, ata o 5 de novembro, do III Concurso Imaxina Coruña 2023-24 , no que poderán participar os centros educativos da cidade e área metropolitana que conten con educación secundaria obrigatoria e bacharelato, ca finalidade de fomentar a difusión da cultura científica e tecnolóxica entre dito alumnado.

O programa IMAXINA CORUÑA está organizado polo Concello de A Coruña, a través do Servizo de Educación en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses, nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador e servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando as disciplinas STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas) coa finalidade de contribuír a resolución dun problema real da sociedade.

Nesta III edición a temática do concurso deberá centrarse en  Arte, Ciencia e Tecnoloxía.

Cada centro poderá solicitar participar cun máximo de 3 grupos, que  poderán contar entre 2 e 4 participantes e deberán ser mixtos.

Fases do concurso

O  concurso desenvolverase nas seguintes fases, dende o mes de novembro de 2023 ata o mes de abril de 2024.

Fase I.- Preparación do proxecto: dende novembro de 2023 ata o 21 de marzo de 2024, tempo no que se levará a cabo estas actuacións:

  • Xornada presencial ou telemática sobre Arte, Ciencia e Tecnoloxía, o día 18 de octubre ás 17,00 h na Domus.
  • Titorización e asesoramento durante a elaboración dos traballos por parte do persoal especialista e persoal dos Museos Científicos Coruñeses a través de correo electrónico.

Fase II.-Presentación da memoria final

O prazo de presentación da memoria final rematará o venres 22 de marzo de 2024, debendo achegarse  en formato PDF a través do correo electrónico imaxina@coruna.gal

Fase III.- Valoración das memorias e selección de proxectos para presentación na Feira

Serán valoradas por un xurado sénior composto por un mínimo de 3 membros,  persoas de recoñecido prestixio na educación e a comunicación científica, actuado como secretario un/unha técnico/a do Servizo Municipal de Educación.

Este xurado seleccionará os proxectos que pasarán á final e participarán na feira de ideas onde se presentarán os proxectos.

Fase IV.-  Feira de Ideas e Premios "Imaxina Coruña": o sábado 13 de abril de 2024, na Domus.

O proxecto rematará coa presentación pública dos experimentos, traballos e  materiais creados polos grupos participantes, nunha Feira de ideas.

Onde un xurado júnior composto por un mínimo de 3 mozas/os con experiencia en actividades científicas (membros do club da ciencia,  participantes en feiras científicas, premiados en proxectos de ciencias ou tecnoloxía, STEMBac, ...), asesorados por persoal dos Museos Científicos, visitarán os espazos de exposición para que os valoraren.

Premios

Establécense os seguintes premios:

Premios para 3 proxectos

Os premios virán establecidos en función de 3 categorías: premio á sustentabilidade, premio á innovación e premio ao compromiso social.

Para cada unha das categorías, o premio consiste nunha invitación a participar ou visitar un día a feira científica Zientzia Azoka, en Bilbao (https://zientzia-azoka.elhuyar.eus/), incluíndo gastos de desprazamento e aloxamento para os equipos gañadores e os docentes (máximo 5 persoas/grupo, incluído o docente).

Premio ao centro educativo

Cada centro educativo onde estea matriculado o alumnado premiado nas 3 categorías sinaladas, recibirá un cheque regalo por importe de 500,00 euros, que deberá destinarse á adquisición de material científico e tecnolóxico para a aula participante no concurso.

Premio ao vídeo do proxecto

Aqueles grupos concursantes que presenten un vídeo relato do seu proxecto,  serán publicados en youtube e sometidos a votación popular os 3 días anteriores a celebración da Feira de ideas. O gañador da votación popular será premiado cun estabilizador.

Ademaís, o Concello correrá cos gastos de material funxible que estean relacionados co traballo a desenvolver, ata un máximo de 150,00 euros por grupo participante.

Programa al que pertenece

  • III Concurso Imaxina Coruña 2023-24

    El Servicio de Educación, en colaboración con el Servicio de Cultura, organiza la III edición del programa IMAGINA CORUÑA, de cara a el curso escolar 2023-2024.

    El programa Imagina Coruña nace como una iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir la cultura científica y tecnológica entre el alumnado de secundaria.

    La organización propondrá un tema que servirá de marco para que el alumnado participante desarrolle un proyecto original empleando herramientas científicas, tecnológicas y matemáticas (STEM) que tenga como finalidad contribuir la resolución de un problema real de la sociedad. El proyecto finalizará con la presentación pública de los experimentos o materiales creados que lleguen a la fase finalista.

    Más información

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión