Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O Concello abre o prazo de inscrición no programa de intercambio escolar do Eixo Atlántico

Cuándo:

21 de enero de 2024

O intercambio realizarase co municipio portugués de Felgueiras, ao que viaxarán 30 rapaces e rapazas de 5º ou 6º de primaria da Coruña

O Concello abre mañá, luns 22, o prazo de inscrición para o programa "III Intercambio escolar do Eixo Atlántico", dirixido ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria procedente de centros públicos do Concello da Coruña. O obxectivo do programa é facilitar o intercambio entre escolares de diferentes municipios do Eixo Atlántico, reforzando o seu coñecemento cultural e os lazos entre os territorios da Eurorrexión.

De acordo coas bases do programa, o grupo de traballo de Educación e Cultura do Eixo Atlántico realizou o sorteo de destinos do programa "Intercambios Escolares. Vivir nos municipios do Eixo Atlántico", resultando que A Coruña realizará no curso 2023/2024 o intercambio co municipio portugués de Felgueiras entre os meses de abril e maio do 2024. 

O programa está dirixido a grupos escolares formados por un máximo de 30 participantes que cursen quinto ou sexto curso de primaria nun centro de educación pública do Concello da Coruña.

Os centros educativos que desexen participar deberán achegar a súa solicitude de inscrición mediante a ficha dispoñible na web municipal de Educación antes do vindeiro xoves 1 de febreiro. Posteriormente, deberán realizar unha memoria coa proposta do proxecto de actividades a desenvolver na Coruña co grupo visitante portugués, con prazo máximo do 15 de marzo.

Trátase dun programa de carácter gratuíto, de xeito que os concellos da Coruña e Felgueiras faranse cargo de todos os gastos (desprazamentos, aloxamento e comidas, seguros de viaxe e de responsabilidade civil e acompañamento) e do apoio na organización de vistas e itinerarios de visita. Súmase a outros proxectos educativos impulsados polo Concello da Coruña como 'Idiomas no mundo' ou as Bolsas USA para o libre movemento da mocidade coruñesa na súa etapa formativa.

Programa al que pertenece

  • III Intercambio Escolar Eixo Atlántico 2023-24

    Con este programa se busca facilitar el intercambio entre escolares de los diferentes municipios de Galicia y Norte de Portugal integrantes del Eixo Atlántico, para compartir experiencias entre escolares; específicamente, dar a conocer la ciudad de A Coruña al alumnado de un centro educativo del municipio portugués de Felgueiras.

    Los intercambios tendrán lugar durante 2 o 3 días en los meses de abril o maio  de 2024.

    Más información

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión