Concello da Coruña

Concello da Coruña

Charlas de sensiblilización 2023-24

Consideramos prioritario na formación ensinarlle ao alumnado a reflexionar sobre as consecuencias de condutas imprudentes coa finalidade de sensibilizalo sobre a realidade que supoñen os accidentes de tráfico e, deste xeito, que chegue a asumir compromisos de comportamentos viarios apropiados.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Policía Local

Tipo de actividade:

Complementaria

Horario:

Das 9.00 ás 14.00 h, en función das necesidades dos centros educativos

Obxecto:

  • Asumir a responsabilidade das condutas neglixentes no tráfico e as súas consecuencias.
  • Traballar a asertividade para aprender a dicir non ante a presión do grupo.
  • Percibir o risco que entraña a condución dun vehículo: bicicleta, ciclomotor, turismo...
  • Valorar a importancia da vida propia e a das demais persoas.
  • Achegarse ao traballo policial co tráfico na mellora da seguridade viaria.

Os grupos de idade que abarcan estas dúas etapas educativas, secundaria e formación profesional, comprenden aqueles considerados polas estatísticas como "grupos de risco". Tendo en conta os aspectos psicolóxicos e as características desta idade (etapa de autoafirmación, inestabilidade emocional, exhibicionismo, pouca experiencia na condución de ciclomotores, gran capacidade para asumir riscos sobre todo condicionados por estímulos externos como o grupo de amizades...) a nosa intervención vai dirixida a conciencialos para evitar estas condutas de risco. Por iso, centrámonos principalmente na transmisión de valores de prudencia, protección e convivencia dende o respecto á normativa e ás demais persoas.

O noso discurso nestas idades está na liña de relacionar a conduta cívica e a conduta viaria, tal e como o aseveran estudos psicolóxicos. É dicir, quen ten unha conduta cívica en todos os ámbitos da convivencia (no barrio, coa veciñanza, á hora de respectar as ordenanzas de limpeza, de horarios...), estes estudos refutan que a dita conduta correlaciona coa conduta viaria, e por tanto, isto tradúcese nunha redución significativa da sinstralidade neste grupo de poboación. Deste xeito, nas nosas clases de educación viaria tratamos tamén temas como o botellón e a transcendencia que determinadas condutas como as desfeitas no mobiliario público e privado ten con respecto ao resto da poboación.

Cando:

Dende o 20/10/2023 ata o 15/06/2024

Ver as condicións xerais do programa

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica "Programas educativos de educación viaria"

Contacto:

Coordinador da actividade de Educación Viaria: Diego Someso Anguita

Policía Local - Concello da Coruña.

Tfno.: 981 184 200 Ext.: 88059

Enderezo de correo electrónico: ds.anguita@coruna.gal

Recursos materiais:

Ordenador con proxector e reprodutor de vídeo

Documentos:

Charlas de sensibilización (764 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión