Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Las maravillas de Júpiter. Olvido Flores

De Estefanía de Paz Asín

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 26/04/2024 ata o 27/04/2024

Xa rematou

Horario:

17.00, 18.30 e 20.00 h

Duración:

25 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

10,00 €  (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

O 18 de xullo de 1936, coincidindo co levantamento golpista contra a República que deu paso á guerra civil, a troupe de 50 artistas do Circo Anastasini que chegara a Lodosa (Navarra) desapareceu sen deixar rastro. Din que algúns foron fusilados e que o resto foron obrigados a entreter á tropa. Mediante a linguaxe dos obxectos, a narradora Olvido Flores conta unha historia de beleza amarga, poesía, circo e guerra, dentro dunha caravana habilitada para acoller a 22 de espectadores e que quere ser unha homenaxe á memoria, e a aquelas persoas esquecidas ás que ninguén lles levou flores.

Con Estefanía de Paz Asín

Dirección, guión e dramaturxia: Estefanía de Paz Asín

Produción de Estefanía de Paz Asín e Iraia Sanz Urtasun

Nota: este espectáculo realizase no exterior do Teatro Rosalía Castro dentro dunha caravana adecuada a tal efecto. Ten un aforo reducido de 22 localidades e non é apto para cadeiras de rodas.  Realizaranse 3 pases durante dous días.

Venda de entradas 

Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h

Venda en liña

* Programación para persoas adultas. Idade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Mellores momentos Gala XXV Aniversario

O pasado venres 19 de abril tivemos a gala con motivo da celebración do XXV Aniversario da escola.

Ao comezo da gala puidemos ver un vídeo resumen dos nosos 25 anos que podes volver ver picando aquí.

Despois do vídeo tivemos a intervención da directora, Elena Umbría, e da alcaldesa da Coruña.

Comezando coas actuacións puidemos escoitar música jazz e moderna, aos nosos alumnos máis pequenos de música e movemento, tradicional e ao noso coro lírico.

PRÓXIMOS EVENTOS

Contacto

TELÉFONO: 981 226 752

CORREOS ELECTRÓNICOS:

DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal

XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal

ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal

Horario

Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas

Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

Administración: das 09.00 ás 21.00 horas

Mapa da Escola:

· Aulas: AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión