Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
300 bolsas para iniciar a estudantes universitarios na carreira científica nas diferentes áreas globais do CSIC (Vida, Sociedade e Materia), a través de estancias nos grupos de investigación que desenvolvan o seu labor nas diferentes estruturas de investigación (EI) coas que conta este organismo.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 20/05/2024
Duración:
As estancias terán unha duración de 7 meses.
Requisitos:
Persoas físicas maiores de idade, de nacionalidade española, nacionais dos Estados membros da Unión Europea, dos Estados signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, ou estranxeiros.
Poderán ser solicitantes todas aquelas persoas que cumpran algunha das seguintes condicións:
Estar matriculadas nun grao, título universitario oficial, de 240 ECTS, no curso académico 2023-2024 e ter polo menos 180 ECTS ou o 75% completados correspondentes ao grao que estean a realizar.
Estar matriculadas nun grao, título universitario oficial, de polo menos 300 ECTS no curso académico 2023-2024 e ter polo menos 240 ECTS ou o 80% completados correspondentes ao grao que estean a realizar.
Estar matriculadas nun dobre grao, título universitario oficial, de 300 ECTS ou máis, no curso académico 2023-2024, e ter polo menos 240 ECTS ou o 80% completados correspondentes ao grao que estean a realizar.
Estar matriculadas nun Máster Universitario oficial durante o curso académico 2023-2024 ou 2024-2025.
Non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Doutor ou Doutora.
Non ser beneficiaria dunha bolsa do programa JAE.
Non gozar dunha axuda para un contrato de investigación.
Acreditar unha nota media de grao ou licenciatura igual ou superior a 7,50 para todos os ámbitos do coñecemento, excepto para estudos de dobre grao, aqueles pertencentes aos ámbitos de industrias culturais: deseño, animación, cinematografía e produción audiovisual; enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería da telecomunicación; enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegación; enxeñería informática e de sistemas; enxeñería química, enxeñería dos materiais e enxeñería do medio natural que será igual ou superior a 6,50. Acreditar unha nota media de grao ou licenciatura igual ou superior a 7.50 para todas as ramas de coñecemento, excepto para estudos de dobre grao e os graos pertencentes a rama do coñecemento de Enxeñería e Arquitectura que será igual ou superior a 6.50. As persoas que non finalizasen os estudos de grao deberán acreditar estas notas medias para os créditos obtidos ata a data de presentación da súa solicitude.
Remuneración / Dotación:
A contía total de cada bolsa ascende a 4.200 euros e será abonada mensualmente.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible