25 resultados
Ata o 12/06/2024
ampliado prazo.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia.
Ata o 10/06/2024
ata as 14:00 h.
A Fundación Occident (anteriormente Fundación Jesús Serra) lanza a súa convocatoria de Bolsas Jesús Serra 2024 para estudantes de grao de primeira xeración e mozas STEM, destinadas a estudantes que sexan os primeiros da súa familia en ir á universidade ou as primeiras en cursar estudos STEM.
Ata o 15/06/2024
A Fundación Ábaco convoca axudas reintegrables ao estudo para alumnos que durante o curso académico 2024/2025 realicen estudos nos niveis de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e Formación Profesional.
Ata o 22/05/2024
O Ministerio de Igualdade convoca bolsas no Instituto das Mulleres para contribuír á formación en materias dirixidas a fomentar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes; a participación das mulleres na vida política, social, cultural e económica; e a eliminación de toda clase de discriminación por razón de sexo.
Ata o 31/05/2024
6 bolsas para a formación especializada en materia de seguridade nuclear e protección radiolóxica no Consello de Seguridade Nuclear.
Dende o 29/04/2024 ata o 28/05/2024
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo de recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico o bacharelato en Galicia.
Ata o 20/05/2024
A Dirección Xeral do Instituto da Mocidade convoca as Axudas Injuve para a Creación Nova 2024/2025, destinadas a mozos creadores para proxectos a desenvolver durante o ano 2025 en ámbitos como as artes visuais, escénicas, música, literatura, deseño, cómic e ilustración.
Dende o 16/10/2024 ata o 23/10/2024
Ata o 15/05/2024
Organizada pola Asociación FICBUEU, a Residencia FICBUEU é un programa formativo para creadoras e creadores audiovisuais no que diferentes profesionais acompañarán e titorizarán proxectos de curtametraxe. O proxecto desenvolverase en outubro na Illa de Ons e estará enfocado a fortalecer propostas dende o guión.
Ata o 20/05/2024
300 bolsas para iniciar a estudantes universitarios na carreira científica nas diferentes áreas globais do CSIC (Vida, Sociedade e Materia), a través de estancias nos grupos de investigación que desenvolvan o seu labor nas diferentes estruturas de investigación (EI) coas que conta este organismo.
Dende o 30/04/2024 ata o 13/09/2024
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025.
resultados 25
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible