Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
19 de abril: "Anöa", unha peza de Elvi Balboa, en coprodución co Centro Coreográfico Galego, que propón unha viaxe efímera onde involucrar o corpo para producir unha experiencia emocional e sensorial (Tarifa B)
26 de abril:"Multiperspectivas#2", unha proposta orixinal e novidosa de Paula Quintas, dirixida por Rut Balbís e Arturo Cobas, que combina improvisación teatral, danza e circo, deixando espazo para a interacción co público (Tarifa B)
27 de abril: "É difícil fotografar o baleiro", espectáculo do Colectivo D'elas no que seis bailarinas móstrannos corpos virtuosos pero humanos, con capacidades extraordinarias pero coas limitacións de ser mortais, nunha viaxe entre os cantos gregorianos e a música techno de LLXNTO e Bruno Baw (Tarifa B)
3 de maio: "Go Figure", da Compañía Sharon Fridman, un espectáculo de danza contemporánea que nace da obra "Shape on us", creada polo propio Sharon Fridman para Vertigo Power of balance (Tarifa Especial)
4 de maio: programa dobre "Otempodiz + A Raiz de". Otempodiz é un espectáculo da Compañía Ertza que analiza as diferentes maneiras que temos de vivir o tempo, a través dunha combinación linguaxes coreográficos urbanos, tradicionais e contemporáneos. "A raía de" é un espectáculo da Compañía Daniel Rodríguez que nace gracias á tradición galega, mediante o canto, a música e a danza tradicional e a procura do seu diálogo coa danza contemporánea (Tarifa B)
16 de maio: "Ceibe", de Fran Sieira, un espectáculo de danza contemporánea que reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos (Tarifa A)
Dentro da programación de TRC Primavera 2024 ofertarase ademais un espectáculo para público escolar, no Fórum Metropolitano o 20 de maio: "Placton" da Compañía Big Bouncers (2 sesións: ás 10 h. e ás 12 h.)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible