Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRC danza: Otempodiz + A raíz de

Programa dobre Das compañías Ertza e Daniel Rodríguez

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/05/2024

Horario:

20.30 h

Duración:

40 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8'00 €  (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

  • Otempodiz:

VÓS TEDES O RELOXO, NÓS TEMOS O TEMPO Dise que os occidentais contamoso tempo, medímolo, comprámolo, vendémolo, planificámolo e organizámolo; para nós é un ben obxectivo, independente ao ser humano, que usamos para facer cousas, pero case sempre nos falta. Pola contra, en África o tempo vívese, tense, faise; é un ben subxectivo e inherente ao ser humano, que se habita e case nunca falta. O feito de que nazamos nun lugar do mundo concreto marca indefectiblemente a noción que temos do tempo, e aínda que nada é inamovible, dificilmente conseguiremos desprendernos desa primeira noción adquirida. O tempo pódese vivir de moitas maneiras, incluso ser escravo del; pero o que non se pode negar, e isto é válido para calquera recuncho do mundo, é o poder que nos dá a danza, sexa cal for a súa orixe, xénero ou condición, para vivir o tempo nun presente absoluto. OTEMPODIZ é unha peza de danza de 25 minutos, que analiza as diferentes maneiras que temos de vivir o tempo, a través dunha combinación linguaxes coreográficos urbanos, tradicionais e contemporáneos

Con Fenias Nhumaio e Deissane Machava

Idea orixinal, dirección e coreografía: Asier Zabaleta

25 minutos

  • A raíz de:

"O corpo, ese instrumento capaz de facer vivir hoxe as historias de onte e de permitir que nun único ser, onde habitan pasado e presente, dialoguen tradición e contemporaneidade para construir un discurso de futuro". A raíz de nace gracias á tradición galega, mediante o canto, a música e a danza tradicional e a procura do seu diálogo coa danza contemporánea. Nesta peza conséguese unha simbiose entre estas dúas linguaxes e os seus contextos, acercando o pasado ao presente, achegando a tradición ao público actual favorecendo un maior vínculo de este coa danza contemporánea e a danza de Raíz.

Idea orixinal: Daniel Rodríguez

Coreografía e interpretación: Daniel Rodríguez

15 minutos

Venda de entradas 

Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h

Venda en liña

* Programación para persoas adultas. Idade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión