Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Curso «Europeana na aula»

Curso de formación para profesorado co obxectivo de facilitar o uso do patrimonio cultural nas actividades de aula.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/03/2024 ata o 10/04/2024

Xa rematou

Inscricións:

Ata o 06/03/2024

Páxina web:

https://www.coruna.gal/mc2

Organiza:

EuropeanaEuropean Schoolnet en colaboración con Domus-Concello da Coruña

Europeana é a biblioteca dixital europea cuxa misión é facilitar o uso do patrimonio cultural para a educación, a investigación, a creación e o lecer, contribuíndo a unha sociedade aberta, informada e creativa.

Este curso propón coñecer os recursos de Europeana e participar en dous concursos europeos.

A proposta é a seguinte:

  •  Participar na primeira formación en liña de 1 hora para coñecer os recursos.
  •  Probar na aula una das actividades propostas.
  • Participar na segunda formación en liña de 1 hora para escribir unha historia de como funcionou na aula a actividade.

Ao realizar as diferentes partes da formación poderase obter o certificado europeo expedido por Europeana e European Schoolnet, e participar en dous concursos europeos cuxo premio é unha viaxe a Bruxelas para asistir ao obradoiro de fin de curso de Europeana.

Para participar en necesario inscribirse neste formulario.

Lugar de celebración: Domus, Angel Rebollo, 91

O curso será impartido por Patricia Barciela, directora da Domus e embaixadora de Europeana

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión