Concello da Coruña

Concello da Coruña

Curso «Europeana na aula»

Curso de formación para profesorado co obxectivo de facilitar o uso do patrimonio cultural nas actividades de aula.

A quen vai dirixido?:

Curso para profesorado

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/03/2024 ata o 10/04/2024

Xa rematou

Inscricións:

Inscricións ata o 6 de marzo aquí

Horario:

Sesión 1: mércores 13 de marzo, 18.00 a 19.00 h

Sesión 2: mércores 10 de abril, 18.00 a 19.00 h

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Organiza:

Europeana, European Schoolnet en colaboración con Domus-Concello da Coruña.

Europeana é a biblioteca dixital europea cuxa misión é facilitar o uso do patrimonio cultural para a educación, a investigación, a creación e o lecer, contribuíndo a unha sociedade aberta, informada e creativa.

Este curso propón coñecer os recursos de Europeana e participar en dous concursos europeos.

A proposta é a seguinte:

• Participar na primeira formación en liña de 1 hora para coñecer os recursos.

• Probar na aula una das actividades propostas.

• Participar na segunda formación en liña de 1 hora para escribir unha historia de como funcionou na aula a actividade.

Ao realizar as diferentes partes da formación poderase obter o certificado europeo expedido por Europeana e European Schoolnet, e participar en dous concursos europeos cuxo premio é unha viaxe a Bruxelas para asistir ao obradoiro de fin de curso de Europeana.

Para participar en necesario inscribirse antes do 6 de marzo neste formulario.

O curso será impartido por Patricia Barciela, directora da Domus e embaixadora de Europeana.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión