Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Proceso de selección para o ingreso nos centros docentes militares de formación para incorporarse ás escalas de tropa e mariñeiría
O Ministerio de Defensa convoca o proceso de selección para cubrir as prazas para o acceso de persoal nacional e estranxeiro á condición de militar de tropa e mariñeiría. Ofértanse 3.976 prazas, correspondentes ao ciclo de selección número 1. Do total destas prazas, as persoas estranxeiras poderán optar a 85 do ciclo 1.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
ciclo de selección 1: do 01/02/2024 ao 20/02/2024
ciclo de selección 2: do 07/06/2024 ao 27/06/2024
Requisitos:
Nacionalidade española ou dalgún dos países que figuran recollidos na convocatoria.
Cumprir os 18 anos de idade e non cumprir os 29.
Carecer de antecedentes penais, e non ter aberto en calidade de procesado, imputado, investigado ou procesado ningún procedemento xudicial por delito doloso.
Non estar privado dos dereitos civís.
Non ser separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais, ou dos órganos estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas.
Posuír a aptitude psicofísica necesaria.
Carecer de insercións ou tatuaxes que poidan ser contrarios aos valores constitucionais ou atentar contra a imaxe das Forzas Armadas.
Estar en posesión, como mínimo, do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou os seus equivalentes.
Condicións xerais para solicitantes estranxeiros:
Ter en vigor a Tarxeta de residencia temporal ou de longa duración en España, ou a Tarxeta de familiar de residente comunitario, como mínimo, ata a data prevista para a súa incorporación ao centro de formación correspondente.
Ostentar a maioría de idade con arranxo ao disposto na súa lei nacional.
Non figurar como rexeitables no espazo territorial de países cos que España asinase un convenio en tal sentido.
Non perder a nacionalidade de orixe ao entrar ao servizo das Forzas Armadas españolas nin ter prohibición de alistamiento militar nas mesmas.
Carecer de antecedentes penais en España ou nos seus países anteriores de residencia por delitos existentes no ordenamento xurídico español.
A participación nalgún dos ciclos do proceso de selección, iniciarase coa aceptación da solicitude de cita previa para a realización das probas. A cita previa realizarase a través da páxina web do Ministerio de Defensa.
Proceso de selección, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso de persoas nacionais e estranxeiras nos centros docentes militares de formación para a adquisición da condición de militar de tropa e mariñeiría do Exército de Terra, da Armada e do Exército do Aire e do Espazo. O proceso de selección levarase a cabo ao longo do ano 2024 mediante o establecemento de dous ciclos de selección.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible