Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño. Ciclo Medio (GRAO MEDIO)
Duración
1.600 horas
Información xeral
Centro onde se imparte: Escola de Arte e Superiores de Deseño Pablo Picasso
Requisitos
Acceso directo:
Quen estea en posesión dun título de técnico ou técnico superior de artes plásticas e deseño relacionado coas ensinanzas que desexe cursar.
Quen teña superados os cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos dos planos de estudos de 1963 ou dos planos experimentais de 1984 e 1986.
Quen estea exento de realizar a proba específica de acceso ao grao superior de artes plásticas e deseño.
Quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, 1 ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder.
Acceso mediante proba específica:
Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, ou estudos equivalentes (2º BUP).
Acceso mediante proba de madureza + proba específica:
Para o alumnado que non reúna os requisitos académicos (as persoas que non dispoñan do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente, e que teñan cumpridos os 17 anos)
* a proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, pola proba dos ciclos formativos de grao medio de F.P. ou pola proba de madureza de grao medio de ensinanzas deportivas.
Perfil profesional
Ámbito: Fabricación de obxectos de notable calidade estética e nos que a policromía, o dourado ou o prateado dos seus soportes teñan unha gran relevancia.
Sectores: Empresas e talleres de carácter artesanal e artístico, sexan públicos ou privados, pequenos, medianos ou grandes, relacionados co campo propio do dourado e a policromía artísticos. Pode tamén exercer como profesional independente ou asociado en cooperativa.
Plano de estudos
Horas totais
Denominación dos módulos
1º, 2º e 3º trimestre
65
Materiais e tecnoloxía: artes aplicadas da escultura
95
Historia da cultura e da arte: artes aplicadas da escultura
130
Debuxo artístico
160
Volume
315
Taller de dourado e policromía
130
Debuxo técnico
65
Horas de libre disposición
4º, 5º e 6º trimestre
390
Taller de dourado e policromía
65
Formación e orientación laboral
120
Obra final
65
Formación práctica en empresas, estudos ou talleres
Observacións
Acceso a outros estudos: Bacharelato na modalidade de artes
Ensinanzas Mínimas: R.D. 1385/1995, do 4 de agosto (BOE: 16/06/95)
Decreto 119/2002, do 7 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio de artes plásticas e deseño de dourado e policromía artísticos (DOG: 10/04/02)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible