Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Cando:

21 de xullo de 2023

ACOREUROPA XI: Publicación das listaxes definitivas de persoas seleccionadas, de agarda e excluídas e apertura do prazo de aceptación

Publícanse as listaxes definitivas das persoas seleccionadas e de agarda (e excluídas) para participar no PROGRAMA DE BOLSAS FP-PROXECTO ACOREUROPA XI, organizado pola Concellaría de Educación do Concello da Coruña, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os 9 centros docentes asociados

Reunida a Comisión de Valoración, o 21 de xullo de 2023, realizada a baremación da documentación presentada polas persoas admitidas (segundo a cláusulas 6 das bases do dito proceso), resoltas as alegacións e as renuncias, e unha vez realizadas as xestións de busca de empresas nos paises de destino, (en función da competencia lingüística das persoas seleccionadas e da existencia de empresas axeitadas ao seu perfil profesional e académico), procédese á publicación das ditas listaxes definitivas (no documento relacionado):

a)  Das persoas seleccionadas (tantos como prazas se oferten no programa), sinalando o país de destino*.

* Os destinos indicados tamén son provisionais, tal como se recolle na cláusula 2 das bases:  "Non obstante, o órgano competente poderá variar a súa distribución en función da competencia lingüística das persoas seleccionadas e da existencia de empresas axeitadas ao seu perfil profesional e académico nos destinos solicitados".

b) Das persoas que, cumprindo os requisitos, non acadan o número de orde que lles permita participar no programa por exceder do número de prazas. Estas persoas constituirán a listaxe de agarda.

c) Das persoas solicitantes que non compren os requisitos para participar no programa, con expresión sucinta da causa da súa exclusión.

Ábrese un prazo un prazo de 5 días naturais a contar desde o día seguinte a esta publicación (do 24 ao 31 de xullo)  para a aceptación de participación no programa que, segundo o punto nº 12 das bases, deberá ser comunicada por escrito ao SME a través dos rexistros municipais ou en calquera das dependencias a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Transcorrido o dito prazo sen que se produza tal comunicación entenderase que renuncia a súa participación no programa. De se presentar a comunicación por medio dalgún rexistro non municipal deberase remitir copia escaneada da mesma (co selo de rexistro de entrada) por correo electrónico ao SME (educacion@coruna.gal) dentro do prazo de aceptación.

As persoas participantes incluídas na listaxe de agarda substituirán, por orde de puntuación, ás seleccionadas que renuncien á súa participación no programa ou que non poidan participar nel.

Calquera aclaración ou consulta pódese facer no correo educacion@coruna.es  ou no teléfono 981 184 200, extensión  12114.

Documentos relacionados

  • Acoreuropa XI: Listaxes definitivas (77 KB)
  • Acoreuropa XI: Acta 21.07.23 (107 KB)

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión