Conto e música en directo
Familias, Infancia
21/05/2024
Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Un pase: 18.00 horas
30 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
?? crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Sesión de narración oral con música en directo na que coñecemos a unha Carapuchiña Vermella que vive unha aventura un pouco diferente. No seu camiño, a falta dun, van aparecendo cinco lobiños que son tan pequerrechiños que caben na súa cesta. Contaránnolo e cantaránnolo. Conto e música en directo con Ángeles Goás e Cristina Castro.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá só un pase:
Haberá que se inscribir previamente en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Dende o 04/05/2024 ata o 25/05/2024
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Dende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024
ás 14:00 h. Prazas libres: do 4 de xuño ata 5 días antes do inicio do campo.
1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.
2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible