Seguiremos o percorrido do protagonista de "O latexar do barrio" e comprobaremos in situ a súas diversas realidades e contrastes. Pasearemos polo lugar onde o enterro dun poeta congregou hai 111 anos a 40.000 persoas. E, como non podía ser doutro xeito, remataremos no mesmiño centro neurálxico do barrio dos barrios galegos.
Maiores de 16 anos
Para público en xeral
09/11/2019
Xa rematou
Dende o 28/10/2019 ata o 09/11/2019
12.00 h
1.30 h
55
De balde con inscrición previa
É necesaria a inscrición, que se abrirá o luns 28 de outubro ás 9.00 h
A incrición pode facerse dos seguintes xeitos:
Persoalmente: en Normalización Lingüística do Centro Ágora
Teléfono: 981 184 200 ext. 34322
Correo-e: lingua(a)coruna.es
Tito Pérez naceu na Coruña en 1983. Aínda que as súas raíces habería que procuralas na aldea lucense do Picato, é no barrio de Monte Alto onde xace a súa identidade. É enxeñeiro técnico industrial en electricidade. Como escritor cultiva relato e poesía.
En 2016 publicou a obra Vinte fragmentos de mocidade voraz coa Editorial Toxosoutos e en 2018 publica o seu segundo libro de relatos, O latexar do barrio con Edicións do Peirao.
Algunhas actividades precisan inscrición a través dunha ferramenta web.
Se non sabes como inscribirte, o CMIX explícacho nesta páxina.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible