8 de outubro de 2019
O luns 14 de outubro abrimos a inscrición para o primeiro dos paseos, con Dores Tembrás.
Os Paseos pola Coruña Literaria, que organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña xunto coa Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, teñen datas e protagonistas para este outono. Dores Tembrás, Tito Pérez, María Casar (arredor da figura de Luisa Villalta) e Antonio Sandoval levarannos por diferentes localizacións da cidade que ambientaron ou inspiraron as súas obras. Serán ás 12.00 h e terán unha duración aproximada de hora e media.
O calendario será o seguinte:
Os Paseos pola Coruña Literaria están destinados a persoas maiores de 16 anos e son gratuítos. É necesaria a inscrición, pois están limitados a 55 prazas.
A inscrición pódese facer en Normalización Lingüística no Centro Ágora, chamando ao 981 184 200 ext. 34322 (a partir das 9.00 h, en calquera dos casos) e no correo lingua@coruna.es, nas seguintes datas:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible