Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de octubre de 2021

Paseos pola Coruña Literaria outono 2021

Volven os Paseos pola Coruña Literaria que quedaran cancelados por mor da pandemia. Recuperamos as camiñadas presenciais da man de autoras e autores da nosa cidade a través das súas máis recentes obras.

Os Paseos pola Coruña Literaria, que organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña xunto coa Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, teñen datas e protagonistas para este outono. Antonio Manuel Fraga, Andrea Maceiras, Érica Esmorías e Imma António levarannos por diferentes localizacións da cidade que ambientaron ou inspiraron as súas obras.

O calendario será o seguinte:

- 16 de outubro, ás 12.00 h

Un roteiro sensitivo cara a santoamaro, de Antonio Manuel Fraga

Un verán componse de vivencias que procesamos a través dos sentidos. Aquel verán sinalado en vermello como "o verán das nosas vidas" fórmase a través de imaxes; mais tamén de sons como os da música que escoitamos; dos distintos olores que ateigan o aire estival; do sabor da comida que, nesa época, sabe mellor; do tacto da area, do mar, das peles...

-6 de novembro, ás 12.00 h

Un océano azul tinta: a LIX a través do mar, de Andrea Maceiras

O océano Atlántico é de cor azul tinta. Se cadra por iso aparece en tantas obras da nosa LIX, como paisaxe, como personaxe ou como símbolo. Este paseo pola beira do mar é a escusa perfecta para falar de libros infantís e xuvenís con recendo a salgado, de historias que suceden nas nosas costas, de rebeldía e de soños, de emocións axitadas ao compás das mareas. Unha breve panorámica da nosa LIX co mar como eixe.

-20 de novembro, ás 12.00 h 

Paseo pola Coruña Literaria con Érica Esmorís

Visitaremos dous patios de luces, un deles o que inspirou a novela Patio de luces, gañadora do premio Cidade de Málaga 2020 de Anaya. 

A través do xogo para espertar a imaxinación e a lectura de diversos parágrafos, poderemos coñecer os máis peculiares e famosos veciños e veciñas que viviron en diversas comunidades de veciñanza.

-27 de novembro, ás 12.00 h

Paseo pola Coruña Literaria con Imma Antonio Souto

Un percorrido desde a necesidade da escrita dramática sinalada polas Irmandades da Fala ao cuestionamento do rol do teatro na nosa sociedade actual. Sería, con todo, un percorrido sentimental polas experiencias teatrais da dramaturga pola súa cidade natal, deténdose no propio anecdotario como actriz, dramaturga e voz necesaria para visibilizar as mulleres dentro do mundo teatral galego.

INFORMACIÓN XERAL QUE CÓMPRE TER EN CONTA:

- Os dous primeiros paseos  (Antonio Manuel Fraga e Andrea Maceiras) están destinados a persoas de 12 anos en adiante.

- O paseo de Érica Esmorís recoméndase para familias con nenas e nenos a partir de 7 anos e público adulto.

- O paso de Imma António diríxese a público a partir dos 16 anos.

- O número máximo de participantes é de 25 persoas.

- As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal desde o luns anterior a cada un dos paseos.

- A pesar de ser unha actividade exterior, as persoas deberán empregar máscara nos momentos nos que, para atender as explicacións, debamos permanecer de pé, e respectaranse as distanzas de seguridade e o resto das medidas anti-COVID.

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

Próximas inscripciones

  • "Carapuchiña Vermella", de Ángeles Goás, ás 18.00 h

    Cuándo:

    21/05/2024

    Horario:

    18.00 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 17/05/2024 hasta el 21/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk, ás 17.00 h

    Cuándo:

    28/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 24/05/2024 hasta el 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk, ás 18.30 h

    Cuándo:

    28/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 24/05/2024 hasta el 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscripciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión