Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de febrero de 2022

Programa Falamos primaria 2022

Actividade dirixida aos centros de ensino de primaria

Programa Falamos de dinamización lingüística nos CEIP da cidade 2022

O programa de dinamización lingüística "Falamos" pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.

OBXECTIVOS:

  • Promover a utilización da lingua galega nos centros de educación infantil e primaria da Coruña.
  • Asegurar a galeguización de todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente coma no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa.
  • Garantir que os produtos de máxima difusión e demanda poidan chegar en galego á sociedade galega.
  • Darlle ao alumnado unha visión útil e moderna da lingua galega.
  • Eliminar os prexuízos lingüísticos existentes na infancia sobre o galego.

Co fin de conseguirmos estes fins dende febreiro ata xuño de 2022 imos desenvolver as seguintes actividades nos propios CEIP (ata esgotárense os pases):

  • 7 pases escolares do espectáculo "Mario pensaba que o galego non servía para nada", de Polo Correo do Vento dirixidos ao alumnado de 1.º de primaria dos CEIP da cidade. (PASES ESGOTADOS)
  • 7 pases escolares do espectáculo "As que máis molan da Gramola Gominola", dirixidos ao alumnado de 2.º de primaria dos CEIP da cidade. (PASES ESGOTADOS)
  • 7 pases escolares do obradoiro "Os nosos (ilustres) instrumentos", de Laura  Romero e Juan Álvarez dirixidos ao alumnado de 3.º de primaria dos CEIP da cidade. (PASES ESGOTADOS)
  • 7 pases escolares do espectáculo "A Casa do Terror", de Xoán Curiel e a Banda do Verán dirixidos ao alumnado de 4.º de primaria dos CEIP da cidade. (PASES ESGOTADOS)

Realizaranse nos propios centros que as demanden (por orde de inscrición). Cada centro só poderá recibir unha actividade.

  • 7 pases escolares do espectáculo "Mario pensaba que o galego non servía para nada", de Polo Correo do Vento dirixidos ao alumnado de 1.º de primaria dos CEIP da cidade. (PASES ESGOTADOS)

"Mario pensaba que o galego non servía para nada" é unha narración con interactuación do alumnado con respecto á lingua presente no conto mesturada con ilustración en directo e música. Actividade didáctica na que o coñecemento do galego será clave para dar cun tesouro. O alumnado realiza un debuxo guiado ao final sobre unha personaxe da historia e traballa o léxico e a fraseoloxía máis adaptada á súa idade.

  • 7 pases escolares do espectáculo "As que máis molan da Gramola Gominola", dirixidos ao alumnado de 2.º de primaria dos CEIP da cidade. (PASES ESGOTADOS)

A banda foi gañadora no ano 2018 co Premio Martín Códax na categoría de Música Infantil e teñen tres libros-CD (editados por Galaxia) como grupo. Neste novo traballo seleccionaron as mellores cancións rockeiras da súa carreira coas que levan dende 2015 achegándonos a historia da música contemporánea e incorporando nos seus temas valores importantes para a infancia.

  • 7 pases escolares do obradoiro "Os nosos (ilustres) instrumentos", de Laura  Romero e Juan Álvarez dirixidos ao alumnado de 3.º de primaria dos CEIP da cidade

Obradoiro no que o debuxo e a música en directo conviven mentres se traballa co idioma para coñecermos en vivo algúns instrumentos tradicionais, a súa historia, os sons, os materiais..., sobre todo dos máis descoñecidos: pínfano, requinta, charrasco, zanfona etc.

  • 7 pases escolares do espectáculo "A Casa do Terror", de Xoán Curiel e a Banda do Verán dirixidos ao alumnado de 4.º de primaria dos CEIP da cidade

Gañaron en 2019 o VI Premio Martín Códax na categoría de Música Infantil con este traballo, que está baseado no homónimo libro-disco. Abórdanse as temáticas do terror e os medos dun xeito didáctico, optimista, divertido e dinámico a través da música rockeira da banda que incita o alumnado a participar nos acompañamentos das cancións.

Inscricións en: https://www.coruna.gal/educacion/gl/plan-coruna-educa/detalle-programa/programa-falamos-de-dinamizacion-linguistica-nos-ceip-da-cidade-2022/contenido/1453790526997?argIdioma=gl

https://edu.coruna.gal/coruna_educa_centros/main/login.php

O Servizo de Normalización Lingüística actuará como intermediario para as inscricións e contacto cos centros de ensino e as/os artistas.

Máis información a través de inscricionslingua@coruna.es 

Dirección:

Avda. . A Coruña

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

Próximas inscripciones

  • "Carapuchiña Vermella", de Ángeles Goás, ás 18.00 h

    Cuándo:

    21/05/2024

    Horario:

    18.00 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 17/05/2024 hasta el 21/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk, ás 17.00 h

    Cuándo:

    28/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 24/05/2024 hasta el 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk, ás 18.30 h

    Cuándo:

    28/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 24/05/2024 hasta el 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscripciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión