Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de marzo de 2023

A Coruña das Letras: andainas guiadas por Xurxo Souto pola Coruña máis descoñecida

Andainas guiadas por tres barrios da cidade coas letras como protagonistas

A Coruña das Letras é unha actividade nova organizada por Normalización Lingüística do Concello da Coruña para esta primavera, dentro do programa de fomento da lingua galega entre a poboación en xeral.

Co fin de traballarmos a lingua, a cultura e a literatura galegas na nosa cidade, e achegándonos a distintos barrios, realizaremos unhas andainas guiadas pola Coruña máis invisible da man do coñecido músico e escritor Xurxo Souto (sobre todo pola súa etapa no mítico grupo coruñés Os Diplomáticos de Monte Alto). 

Aprenderemos máis da toponimia tradicional da cidade, da literatura que habitou nos diferentes barrios que visitaremos e tamén da importancia da lingua nos seus diferentes contextos.

O calendario será o seguinte:

- sábado 22 de abril, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 17)

"As ordenanzas do mar, o segredo da Pescaría" 

- sábado 6 de maio, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 1)

"O ascenso ás Pichiricas, a aventura de Eirís"

- sábado 3 de xuño, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 29 de maio)

"Monterrancheiro: os outros camiños da Agra do Orzán"

INFORMACIÓN XERAL QUE CÓMPRE TER EN CONTA:

- As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55).

- A duración é de aproximadamente unha hora e media. O lugar de saída para comezar a andaina comunicarase no correo de confirmación da inscrición.

- A actividade diríxese a maiores de 16 anos.

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

Próximas inscripciones

  • "Carapuchiña Vermella", de Ángeles Goás, ás 18.00 h

    Cuándo:

    21/05/2024

    Horario:

    18.00 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 17/05/2024 hasta el 21/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk, ás 17.00 h

    Cuándo:

    28/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 24/05/2024 hasta el 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk, ás 18.30 h

    Cuándo:

    28/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 24/05/2024 hasta el 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscripciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión