17 de octubre de 2022
Correlingua é a actividade veterana de dinamización e promoción do idioma, dirixida á mocidade, a infancia e centros de ensino, cuxo obxectivo principal é a reivindicación de medrar en galego.
O 18 de outubro celébrase a festa do Correlingua na Coruña
CORRELINGUA é a denominación que adoptaron de maneira común a partir de 2001 as diversas carreiras en prol do idioma que se convocaron no país e as actividades organizadas durante todo o curso para o alumnado arredor delas.
O Correlingua, que celebrou o 20 aniversario na edición do 2020, é unha proposta de carácter lúdico, educativo e reivindicativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de demanda do dereito de crecer en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. Está organizado pola AS-PG, a Mesa pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino e contamos coa colaboración de varias institucións como as Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra así como tamén dos concellos onde se realizan as actividades.
Esta actividade recibiu da Deputación da Coruña en 2016 o VII Premio Rosalía de Castro de Lingua.
En 2022 a gran festa do Correlingua na Coruña celebrarase este 18 de outubro no auditorio do Centro Ágora, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística. Presentará o acto Isabel Risco e lerá o manifesto. Logo actuará Meckánika Rolling Band.
Presencialmente asistirá o alumnado e profesorado dos CEIP Alborada, Torre de Hércules, Emilia Pardo Bazán e Zalaeta da Coruña e mais dos IES Urbano Lugrís da Coruña e David Buján de Cambre. Mais chegará a todas e cada unha das aulas de Galicia, xa que se retransmitirá en directo a través da canle de Youtube de Correlingua na seguinte ligazón: https://youtu.be/B3utqXTxU2M
Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades
21/05/2024
18.00 horas
Desde el 17/05/2024 hasta el 21/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
28/05/2024
17.00 horas
Desde el 24/05/2024 hasta el 28/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.

18.30 horas

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible