28 de abril de 2018
A conferencia «Estratexias de conservación en aves mariñas: o papel das áreas protexidas», será impartida por David Álvarez, doutor en Bioloxía.
Falarase de como se pode axudar á conservación das aves mariñas incidindo sobre as actividades humanas que afectan directamente á súa mortalidade, xa sexa establecendo zonas de exclusión arredor das colonias de cría ou nas zonas de alimentación, ou limitando temporalmente o uso de artes de pesca e outras actividades. Tamén se formulará como o establecemento de zonas de reserva pode afectar positivamente a outras especies ademais de ás aves mariñas.
David Álvarez é licenciado en Bioloxía pola Universidade de Oviedo na especialidade de Zooloxía e doutor pola mesma universidade. Durante a súa etapa como investigador tamén traballou no campo da bioloxía da conservación de especies ameazadas, sobre todo con peixes, anfibios e aves mariñas, analizando o impacto das pesqueiras comerciais, as verteduras contaminantes e as especies invasoras sobre as súas poboacións.
Sábado 28 de abril ás 12 horas
Entrada libre ata completar a capacidade
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible