Concello da Coruña

Concello da Coruña

Domus

Domus foi o primeiro museo interactivo do mundo dedicado integramente ao ser humano, e é o segundo dos tres Museos Científicos Coruñeses.

O edificio, obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, ten máis de 150 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.

EXPOSICIÓNS

> BOCADOS

Unha exposición sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU, que nos comprometen para actuar a favor de cambios globais e integrados que permitan poñer fin á fame e á malnutrición antes de 2030.

> XOGO DE NEURONAS

Xogo de neuronas. Pezas da intelixencia humana é unha exposición na que se exploran a anatomía e o funcionamento do cerebro. O seu elemento máis emblemático é unha colorida rede neural elaborada con neuronas creadas por escolares galegos.

> XENÉTICA

Investiga que é a enxeñería xenética, reflexiona por que nos parecemos aos nosos pais ou indaga sobre os produtos transxénicos. Ademais, descubre o código da vida nas maquetas do ADN da planta baixa da Domus. Unha exposición dedicada á xenética que busca responder as curiosidades dos visitantes ao redor dun tema científico de continua actualidade.

> EVOLUCIÓN

Descubre se os trazos dos que tanto presumimos son exclusivos da especie humana e verás que non somos o embigo do mundo. A Domus e os investigadores de Atapuerca presentan un enfoque diferente da evolución da familia humana na exposición Homínidos e Homínidas. A familia fachendosa. Cando deixamos de ser caníbales? Era capaz de falar o home de Neandertal? Quen foi o primeiro europeo? Como vivían os nosos antepasados? Somos tan exclusivos como cremos?

ESPAZOS SINGULARES

> LABORATORIO ABERTO

O Laboratorio Aberto é o espazo de experimentación da Domus con talleres e actividades dirixidas a grupos escolares.

> maker@domus

maker@domus é un espazo da Domus para experimentar a cultura maker e facer tecnoloxía por ti mesmo. Unha oportunidade única para comezar a pensar coas mans. Para grupos escolares.

Consulta os obradoiros dispoñibles na lapela de actividades da Domus da nosa sección « Visitas escolares »

CINEMA

Na sala Leonardo da Vinci podes gozar de cinema científico nunha pantalla de 80 m2 e con 4000 watts de son de calidade dixital.

A entrada á sesión de cinema é gratuíta, está incluída no prezo da entrada ao museo e suxeita á dispoñibilidade do espazo.

CARTELEIRA SEMANA SANTA

Do sábado 23 de marzo ao luns 1 de abril:

«La mujer que soñaba con números». Un documental sobre a vida de María Andresa Casamayor de la Coma, autora do texto científico máis antigo que se conserva escrito por unha muller española. Premio Prisma 2023 ao mellor proxecto singular. Sesións ás 11.00 e 12.30 h

«Maa-Yiem, la extraordinaria historia de Jordi Sabater Pi». Un documental sobre a traxectoria deste científico autodidacta que se converteu, tras viaxar ás selvas de África, nun dos pais da moderna primatoloxía. Premio Prisma 2023 ao mellor traballo en vídeo. Sesións ás 17.30 horas.

HORARIO

> INVERNO (xaneiro e febreiro)

Luns a venres: 10.00 h. a 18.00 h.*

Sábados, domingos e festivos: 11.00 h. a 19.00 h.*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

1 e 6 de xaneiro: pechado.

> PRIMAVERA (marzo a xuño)

Luns a domingo: 10.00 h. a 19.00 h.*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

> VERÁN (xullo e agosto)

Luns a domingo: 10.00 h. a 20.00 h.*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

> OUTONO (setembro a decembro)

Luns a domingo: 10.00 h. a 19.00 h.*

24 de decembro: 10.00 h. a 14.00 h.*

31 de decembro: 10.00 a 14.00 h.*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

25 de decembro: pechado.

ENTRADAS

>> As entradas adquírense na recepción da Domus.

Se queres comprar entradas con antelación, podes facelo aquí. Nestes momentos só se poden comprar entradas de tarifa xeral.

> Xeneral: 2, 06 euros.

> Reducida*: 1,03 euros.

*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación de documento acreditativo; Carné Xove, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación de documento acreditativo.

> Gratis

  • Festivos locais do Concello da Coruña (13 de febreiro e 24 de xuño de 2024)
  • Día da Ciencia na Rúa (4 de maio de 2024)
  • Día dos Museos (18 de maio de 2024)
  • Semana da Ciencia (do 9 ao 17 de novembro)
  • Persoas con discapacidade
  • Menores de 4 anos
  • Guías turísticos no desenvolvemento das súas tarefas, tras a presentación de carné acreditativo
  • Persoal docente, debidamente acreditado
  • Estudantes da Universidade da Coruña, tras a presentación de carné acreditativo
  • Xornalistas, debidamente acreditados
  • Membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias
  • Membros da Asociación Española de Museólogos e da Federación Española de Amigos dos Museos

> Bono Tres Casas: 12,36 euros

> Bono tres casas: permite o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae (só un acceso por museo); é necesario conservar o bono en perfecto estado. Debe adquirirse na recepción da Casa das Ciencias, da Domus ou do Aquarium Finisterrae.

> Tarxeta Vente: 20,60 euros

> Tarxeta Vente Mini*: 10,30 euros

*Menores de 16 anos e maiores de 65.

  • Tarxetas Vente e Vente Mini: son nominativas, permiten o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural contado desde a data de emisión (sen límite de accesos) e será necesario presentar o DNI cada vez que se utilicen. Á venda na recepción dos tres museos.

VISITAS ESCOLARES

Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión