Concello da Coruña

Concello da Coruña

AVISO

A Casa das Ciencias estará pechada o domingo 25 de febreiro debido ao peche do Parque de Santa Margarita por alerta meteorolóxica.

    Domus

    A Domus foi o primeiro museo interactivo do mundo dedicado integramente ao ser humano, e é o segundo dos tres Museos Científicos Coruñeses.

    O edificio, obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, ten máis de 150 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.

    EXPOSICIÓNS

    > BOCADOS

    Unha exposición sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU, que nos comprometen para actuar a favor de cambios globais e integrados que permitan poñerlles fin á fame e á malnutrición antes de 2030.

    > XOGO DE NEURONAS

    Xogo de neuronas. Pezas da intelixencia humana é unha exposición na que se exploran a anatomía e o funcionamento do cerebro. O seu elemento máis emblemático é unha colorida rede neural elaborada con neuronas creadas por escolares galegos.

    > XENÉTICA

    Investiga que é a enxeñaría xenética, reflexiona por que nos parecemos aos nosos pais ou indaga sobre os produtos transxénicos. Ademais, descubre o código da vida nas maquetas do ADN da planta baixa da Domus. Unha exposición dedicada á xenética que busca responder as curiosidades das persoas visitantes arredor dun tema científico de continua actualidade.

    > EVOLUCIÓN

    Descubre se os trazos dos que tanto presumimos son exclusivos da especie humana e verás que non somos o embigo do mundo. A Domus e as persoas investigadoras de Atapuerca presentan un enfoque diferente da evolución da familia humana na exposición Homínidos e Homínidas. A familia fachendosa. Cando deixamos de ser caníbales? Era capaz de falar o home de Neandertal? Quen foi o primeiro europeo? Como vivían os nosos antepasados? Somos tan exclusivos como cremos?

    ESPAZOS SINGULARES

    > LABORATORIO ABERTO

    O Laboratorio Aberto é o espazo de experimentación da Domus con obradoiros e actividades dirixidas a grupos escolares.

    > maker@domus

    maker@domus é un espazo da Domus para experimentar a cultura maker e facer tecnoloxía por ti mesmo/a. Unha oportunidade única para comezar a pensar coas mans. Para grupos escolares.

    Consulta os obradoiros dispoñibles na lapela de actividades da Domus da nosa sección « Visitas escolares »

    CINEMA

    Na sala Leonardo da Vinci podes gozar de cinema científico nunha pantalla de 80 m2 e con 4000 watts de son de calidade dixital.

    A entrada á sesión de cinema é gratuíta. Está incluída no prezo da entrada ao museo e suxeita á dispoñibilidade do espazo.

    HORARIO

    > INVERNO (xaneiro e febreiro)

    Luns a venres: 10.00 h a 18.00 h*

    Sábados, domingos e festivos: 11.00 h a 19.00 h*

    *O acceso péchase 30 minutos antes.

    1 e 6 de xaneiro: pechado

    > PRIMAVERA (marzo a xuño)

    Luns a domingo: 10.00 h a 19.00 h*

    *O acceso péchase 30 minutos antes.

    > VERÁN (xullo e agosto)

    Luns a domingo: 10.00 h a 20.00 h*

    *O acceso péchase 30 minutos antes.

    > OUTONO (setembro a decembro)

    Luns a domingo: 10.00 h a 19.00 h*

    24 de decembro: 10.00 h a 14.00 h*

    31 de decembro: 10.00 h a 14.00 h*

    *O acceso péchase 30 minutos antes.

    25 de decembro: pechado

    ENTRADAS

    >> As entradas adquírense na recepción da Domus.

    Se queres comprar entradas con antelación, podes facelo aquí. Nestes momentos só se poden mercar entradas de tarifa xeral.

    > Xeral: 2,06 euros

    > Reducida*: 1,03 euros

    *Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación do documento acreditativo; Carné Xove, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación do documento acreditativo.

    > Gratis

    • Festivos locais do Concello da Coruña (13 de febreiro e 24 de xuño de 2024)
    • Día da Ciencia na Rúa (4 de maio de 2024)
    • Día dos Museos (18 de maio de 2024)
    • Semana da Ciencia (do 9 ao 17 de novembro)
    • Persoas con discapacidade
    • Menores de 4 anos
    • Guías turísticos/as no desenvolvemento das súas tarefas, tras presentar o carné acreditativo
    • Persoal docente, debidamente acreditado
    • Estudantes da Universidade da Coruña, logo de presentar o carné acreditativo
    • Xornalistas, debidamente acreditados/as
    • Membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias
    • Membros da Asociación Española de Museólogos e da Federación Española de Amigos dos Museos

    > Bono Tres Casas: 12,36 euros

    • Bono tres casas: permite o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae (só un acceso por museo). É necesario conservar o bono en perfecto estado. Débese adquirir na recepción da Casa das Ciencias, da Domus ou do Aquarium Finisterrae. 

    > Tarxeta Vente: 20,60 euros

    > Tarxeta Vente Mini*: 10,30 euros

    *Menores de 16 anos e maiores de 65.

    • Tarxeta Vente e Vente Mini: son nominativas. Permiten o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural que se conta desde a data de emisión (sen límite de accesos) e será necesario presentar o DNI cada vez que se utilicen. Véndense na recepción dos tres museos.

    VISITAS ESCOLARES

    Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión