Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Museos Científicos Coruñeses

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Domus

Domus é o primeiro museo interactivo do mundo dedicado ao ser humano, e o segundo dos tres Museos Científicos Coruñeses

O edificio, obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, ten máis de 150 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.

Exposicións

> XOGO DE NEURONAS

Xogo de neuronas. Pezas da intelixencia humana é unha exposición na que se exploran a anatomía e o funcionamento do cerebro. O seu elemento máis emblemático é unha colorida rede neural elaborada con neuronas creadas por escolares galegos.

> XENÉTICA

Investiga que é a enxeñería xenética, reflexiona por que nos parecemos aos nosos pais ou indaga sobre os produtos transxénicos. Ademais, descobre o código da vida nas maquetas do ADN da planta baixa da Domus. Unha exposición dedicada á xenética que busca responder as curiosidades dos visitantes ao redor dun tema científico de continua actualidade.

> EVOLUCIÓN

Indaga se os trazos dos que tanto presumimos son exclusivos da especie humana e verás que non somos o embigo do mundo. A Domus e os investigadores de Atapuerca presentan un enfoque diferente da evolución da familia humana na exposición Homínidos e Homínidas. A familia fachendosa. Cando deixamos de ser caníbales? Era capaz de falar o home de Neandertal? Quen foi o primeiro europeo? Como vivían os nosos antepasados? Somos tan exclusivos como cremos?

> MEDICINA PERSONALIZADA

Descobre como a ciencia do ADN está a cambiar a medicina. A Domus dedica unha área ás bases moleculares e xenéticas das enfermidades e dos seus tratamentos.

Espazos singulares

> LABORATORIO ABERTO

O Laboratorio Aberto é o espazo de experimentación da Domus onde o científico es ti.

> maker@domus

maker@domus é un espazo da Domus para experimentar a cultura maker e facer tecnoloxía por ti mesmo. Unha oportunidade única para comezar a pensar coas mans.

Cinema

Na sala Leonardo da Vinci podes gozar de cinema científico nunha pantalla de 80 m2 e con 4000 watts de son con calidade dixital.

CARTELEIRA

Sábados, domingos e festivos ás 12, 13, 17 e 18 horas

> Divulgar: A saúde dos nosos océanos

> De maior quero ser científica: Enxeñeira biomédica

> Divulgar: Breaking the rules

Horario

> INVERNO (xaneiro e febreiro)

Luns a venres: 10:00 h. a 18:00 h

Sábados, domingos e festivos: 11:00 h. a 19:00 h

1 e 6 de xaneiro: pechado.

> PRIMAVERA (marzo a xuño)

Luns a domingo: 10:00 h. a 19:00 h

> VERÁN (xullo e agosto)

Luns a domingo: 10:00 h. a 20:00 h

> OUTONO (setembro a decembro)

Luns a domingo: 10:00 h. a 19:00 h

24 de decembro: 10:00 h. a 14:00 h

25 de decembro: pechado.

31 de decembro: 10:00 a 14:00

ENTRADAS

> Xeneral: 2 euros. Cinema: gratis

> Reducida: 1 euro*. Cinema: gratis

*Menores de 16 anos; maiores de 65; desempregados, tras a presentación de documento acreditativo; Carné Xove e membros de familias numerosas, tras a presentación de documento acreditativo.

> Gratis

  • Festivos locais do Concello da Coruña (5 de marzo e 24 de xuño).
  • Día da Ciencia na Rúa (4 de maio).
  • Día dos Museos (18 de maio).
  • Semana da Ciencia (do 11 ao 17 de novembro).
  • Persoas con discapacidade.
  • Menores de 4 anos.
  • Guías turísticos no desenvolvemento das súas tarefas, tras a presentación de carné acreditativo.
  • Persoal docente, debidamente acreditado.
  • Estudantes da Universidade da Coruña, tras a presentación de carné acreditativo.
  • Xornalistas, debidamente acreditados.

> Bono Tres Casas: 12 euros

> Tarxeta Vente: 20 euros

> Tarxeta Vente Mini: 10 euros*

*Menores de 14 anos e maiores de 65.

  • Bono tres casas: permite o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae (só un acceso por museo); é necesario conservar o bono en perfecto estado.
  • Tarxetas Vente e Vente Mini: son nominativas, permiten o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural contado desde a data de emisión (sen límite de accesos) e será necesario presentar o DNI (no suposto dos menores de 14 anos, se dispoñen del) cada vez que se utilicen.

VISITAS ESCOLARES

Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.

Enderezo:

Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Como chegar:

Autobús: Liña 3 - Liña 3A - Liña 4 - Liña 6 - Liña 6A - Liña 7 - Liña 11 - Liña 17

Bicicoruña:

Teléfono:

981 189 840

Páxina web:

http://www.coruna.gal/mc2

Novas relacionadas

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?