Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación do libro «Curiosidade», de Estíbaliz Espinosa

O acto terá lugar no Planetario da Casa das Ciencias, coa participación de Joana Magalhaes, bióloga e divulgadora, César Lorenzo, o editor, e a propia autora

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/06/2018

Xa rematou

Horario:

Ás 19.45 horas

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Requisitos:

Entrada libre ata completar a capacidade

Estíbaliz Espinosa presentará a súa obra baixo o emblemático espazo da cúpula do Planetario, para proxectar algunhas imaxes relacionadas coa temática do libro, que incide na curiosidade como a paixón humana común tanto a ciencias como a humanidades, deténdose especialmente na curiosidade feminina.

Astrónomas e astrónomos, ciencia e literatura, observacións sobre a vida, a linguaxe, o ser humano como animal entre outros seres vivos, a Terra considerada desde unha perspectiva estelar, a fascinación e a curiosidade da muller vertebran este libro.

Curiosidade é o primeiro título da colección Fina Rei, de Aira Editorial, que reúne obras de poesía escritas por mulleres.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión