A Casa das Ciencias é un museo interactivo do servizo municipal Museos Científicos Coruñeses que abriu as súas portas o 1 de xuño de 1985.
Situada nun palacete dentro do parque de Santa Margarida, conta cun planetario e tres plantas de exposicións: experiencias de física, exposición sobre péndulos e exposición sobre a astronomía nos medios de comunicación. No oco da escaleira central oscila un péndulo de Foucault.
EXPOSICIÓNS
> CEOS AUSTRAIS
Exposición fotográfica sobre os ceos do hemisferio sur con nove imaxes tomadas en Australia, Namibia, Chile e Bolivia polo astrofotógrafo Óscar Blanco Varela, na que se mostran estrelas e constelacións que non é posible observar dende as nosas latitudes.
> FÍSICA EN ACCIÓN
Xoga, sinte, imaxina, pensa, sorrí, soña... Experimenta cos módulos interactivos do primeiro piso, e esperta a túa curiosidade pola física. Na Casa das Ciencias o importante non son as respostas senón facerse preguntas: pode baixarse unha costa cara arriba?, como se moven as dunas?, que tamaño pode alcanzar unha pompa de xabón?
> PURO SWING
A exposición Puro swing é unha colección de quince módulos interactivos para xogar e experimentar sobre aspectos relacionados co movemento dos péndulos. Sube a unha randeeira diferente, comprende o segredo do botafumeiro, mira como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descubre como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.
> A ASTRONOMÍA COMO CHA CONTAN
A astronomía como cha contan é unha exposición sobre a forma en que os medios de comunicación tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica. A información está distribuída en seis ámbitos que cobren desde a exploración do Sistema Solar ata os achados de planetas extrasolares ou a vida dos astronautas no espazo.
> PARQUE
As sorpresas da Casa das Ciencias traspasan as súas paredes e invaden o Parque de Santa Margarida. Proba a mover unha bóla de granito de 1.500 quilos cunha soa man ou sentar xunto a unha maceira clónica da de Newton, o que o inspirou para descubrir a lei da gravidade.
PLANETARIO
>> As entradas para asistir ao planetario da Casa das Ciencias só se poden adquirir na recepción do museo o mesmo día da sesión
Viaxa polo espazo e o tempo; aprende a mirar o ceo por ti mesmo/a e descubre todo o que esconde o firmamento.
Na escuridade do Planetario asoman as estrelas visibles a primeira ollada, a Lúa e os planetas. Os programas de astronomía e as sesións en directo achegan o universo a todos os públicos.
CARTELEIRA
Sábados, domingos e festivos:
As persoas menores de 4 anos non poden acceder ao Planetario.
(As proxeccións comezan á hora indicada polo que pedimos máxima puntualidade. Unha vez que empece a sesión non é posible acceder ao planetario).
HORARIO
> INVERNO (xaneiro e febreiro)
Luns a venres: 10.00 h a 18.00 h*
Sábados, domingos e festivos: 11.00 h a 19.00 h*
*O acceso péchase 30 minutos antes.
1 e 6 de xaneiro: pechado
> PRIMAVERA (marzo a xuño)
Luns a domingo: 10.00 h a 19.00 h*
*O acceso péchase 30 minutos antes.
> VERÁN (xullo e agosto)
Luns a domingo: 10.00 h a 20.00 h*
*O acceso péchase 30 minutos antes.
> OUTONO (setembro a decembro)
Luns a domingo: 10.00 h a 19.00 h*
24 de decembro: 10.00 h a 14.00 h*
31 de decembro: 10.00 h a 14.00 h*
*O acceso péchase 30 minutos antes.
25 de decembro: pechado.
ENTRADAS
>> As entradas para visitar as exposicións e o planetario da Casa das Ciencias adquírense na recepción do museo, pero se queres estar seguro/a de que terás sitio, reserva a entrada con antelación aquí: reserva de entradas
> Xeral: 2 euros. Suplemento do Planetario: 2 euros
> Reducida*: 1 euro. Suplemento do Planetario reducido*: 1 euro.
*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación do documento acreditativo; Carné Xove, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación do documento acreditativo.
> Gratis
> Bono Tres Casas: 12 euros
> Tarxeta Vente: 20 euros
> Tarxeta Vente Mini*: 10 euros
*Menores de 16 anos e maiores de 65
VISITAS ESCOLARES
Se nos queres visitar cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.
Novas relacionadas
Actividades relacionadas
Entidades
Documentos relacionados
Preguntas frecuentes
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible