1 de decembro de 2018
Talleres e actividades para todos os públicos desenvolvidos polo grupo UDCiencia da Facultade de Ciencias e o Departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña.
O grupo UDCiencia de divulgación científica e innovación docente e o Departamento de Matemáticas da UDC, coa colaboración dos Museos Científicos Coruñeses, presentan o vindeiro sábado 1 de decembro a súa xornada anual de experimentos e actividades científicas dirixidas a todos os públicos.
A xornada desenvolverase na sala de actividades da Casa das Ciencias, no edificio da entrada ao Parque de Santa Margarida pola rúa Padre Sarmiento. A entrada será libre e estará aberta de 10.30 a 14.30 e de 16.30 a 19.00 horas.
O público asistente poderá participar nunha ducia de talleres, nos que profesorado e alumnado da universidade abordarán cuestións da nosa contorna máis cotiá que están relacionadas coa bioloxía, a química, as matemáticas ou a física.
Consulta o programa completo na ligazón do final desta páxina.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Actividades relacionadas

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible