Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Mercados

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Postos 112 e 113: Polos e chacinería Emilio e Celi

Cómpre destacar que se trata dun establecemento de polos tradicional, onde os seus produtos de elaboración propia adquiren a denominación de "caseiros".

As súas croquetas, empanadillas, albóndegas de pito e filetes con bechamel son os produtos máis demandaddos pola clientela e levan máis de 20 anos nas súas vitrinas. Aínda que tamén lles gusta sorprender con novas elaboracións como os rapaciños, filetes diable, delicias de pito ou croquetas de espinacas que comparten sitio coas súas hamburguesas, piruliños, zorza e lasaña.

Non perdades a oportunidade de visitalos os venres e sábados e levar para a casa a comida preparada.

A súa especialidade é o roti de pito, pero non deixedes de probar os seus callos ou a súa ensaladilla, e de sobremesa, as súas exquisitas filloas.

Da súa chacinería destacan produtos de calidade e gran sabor como os chourizos, o touciño entrefebrado, a carne salgada ou os seus afumados como as cacholas e o touciño. E se vos gusta o queixo, teñen o auténtico queixo do país, así como un delicioso de queixo de cabra semicurado.

Como novidade, destaca o salchichón de boi, que non o envexa en sabor aos ibéricos.

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?