Estrea do documental dirixido por Ángeles Huerta
Para público en xeral
14/12/2016
Xa rematou
20.30 h
76 min
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
INVITACIÓNS ESGOTADAS
Hai máis neuronas nun cerebro humano que partículas no universo. Pero se as puxésemos unha tras doutra, se intentásemos ordenalas desde o noso nacemento ata o día de hoxe, o único que veriamos sería un pequeno río. Un río insignificante e ao mesmo tempo infinito.
Debaixo das rúas da Coruña hai un río que moitos non lembran, pero que de cando en vez reborda reclamando as nosas propias correntes subterráneas.
Ángeles Huerta nacida en Xixón, aínda que leva 14 en Galicia, é doutora en Literatura Comparada e realizou estudos de dirección cinematográfica na Met Film School de Londres. A súa última curta, The Fetch, seleccionada no "Short Film Corner" do Festival de Cannes, leva galardóns como o de Mellor Guión no Festival de Cans, así como unha grande acollida en diversos festivais internacionais. Esquece Monelos é a súa primeira longametraxe.
Dirección: Ángeles Huerta
Guión: Ángeles Huerta, Antón Núñez
Dirección de fotografía: Jaime Pérez
Montaxe: Sandra Sánchez
Son: Manuel Maneiro
Música: Sergio Pena
Produción executiva: Marta Eiriz, Gaspar Broullón, Sepi Bazarra
Unha produción de DangaDanga Audiovisuais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible