Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

OMIC

Consumo consciente, colaborativo e responsable

Comercio de proximidade

Mercado municipal

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de educación infantil, educación primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Identificar os establecementos locais e os mercados explicando as principais vantaxes da compra neste tipo de comercio e a súa repercusión na economía das familias.

Descrición:

Damos a coñecer os beneficios do comercio local e de proximidade, por exemplo en tendas de barrio, mercados municipais... Ademais informamos de cales son os "mercados coruñeses" e todos os seus servizos.

Outros contidos relacionados

A banca ética

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Coñecer a banca ética, tamén chamada banca social, sustentable, alternativa ou responsable, e os beneficios sociais e ambientais que ten, así como os proxectos que financia.

Descrición:

A partir de dinámicas de preguntas e reflexións traballamos sobre o funcionamento e os intereses que poden ter os bancos. E tendo en conta esa información, redactamos un decálogo de requisitos que deberá cumprir a banca para que realmente fose ética. Finalmente expoñemos casos e prácticas de banca ética.

Outros contidos relacionados

Consumo ecolóxico

Imaxe de diferentes actividades ao aire libre

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de educación primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Practicar actividades que permitan coñecer a educación ambiental desde a óptica da recuperación das nosas tradicións e do coñecemento dos valores ambientais da nosa contorna.

Descrición:

Falamos da incidencia que o consumo ten na conservación ou deterioración do medio ambiente e damos a coñecer o concepto e índice de "pegada ecolóxica", pasando posteriormente a calcular a de cada participante. Finalmente, de maneira colectiva, buscamos posibles accións para reducir a nosa "pegada ecolóxica".

Outros contidos relacionados

Don R que R: o xogo dos envases

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria

Obxectivos:

Coñecer os distintos tipos de envases que se utilizan para o envasado de produtos alimentarios e o custo ambiental de cada un deles. Informar o alumnado sobre a problemática dos envases, fomentando hábitos e actitudes positivas de cara á reciclaxe e a reutilización de envases para evitar as consecuencias negativas.

Descrición:

A través de xogos de manipulación, onde manexarán residuos reais e simulados (evidentemente inocuos e hixienizados) as e os participantes aprenderán a separar os residuos en orixe, paso de vital importancia para a reciclaxe de envases e outros residuos. Para finalizar buscaremos alternativas de consumo a todos os produtos manexados para conseguir a redución e minimización de residuos.

Outros contidos relacionados

Consumo de auga no fogar

Debuxo do nacemento dun río

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria

Obxectivos:

Valorar e comprender a importancia do consumo responsable de auga. Coñecer a importancia da conservación e uso deste recurso e comprender a importancia de conservación deste medio e os impactos dun mal uso da auga. Tamén aprenderemos diferentes hábitos de aforro de consumo de auga no fogar.

Descrición:

Neste taller cada participante realiza unha análise do consumo habitual de auga durante un día. Esta primeira dinámica serve para que descubran todos os consumos directos e indirectos dos que se esquecen ou non se decatan. A partir das diferentes análises buscamos, con choivas de ideas e outras dinámicas, posibles solucións para reducir o consumo diario de auga e o impacto que xera.

Outros contidos relacionados

Comercio xusto

Caixa con alimentos

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de educación primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Comprender que é e en que se basea como nova forma xusta e solidaria de relacións comerciais. Identificar os produtos de comercio xusto e a súa localización nas diferentes superficies comerciais.

Descrición:

Intentamos demostrar que para acceder a produtos baratos ou "gangas" nos países máis desenvolvidos alguén ten que pagar, aínda sendo de maneira indirecta. Ofrecendo materias primas a moi baixo custo, ou con salarios infrahumanos, xornadas laborables interminables, insdustrialización descontrolada, contaminación, desastres mal chamados "naturais"... Despois desta primeira fase, presentamos o que é un comercio xusto, que fuxa de conceptos como o de caridade, pero que garanta unhas condicións de vida dignas.

Outros contidos relacionados

Outros contidos relacionados

  • Logo Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?