Concello da Coruña

Concello da Coruña

Esquece Monelos (Documental)

Estrea do documental dirixido por Ángeles Huerta

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/12/2016

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

76 min

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

INVITACIÓNS ESGOTADAS

Hai máis neuronas nun cerebro humano que partículas no universo. Pero se as puxésemos unha tras doutra, se intentásemos ordenalas desde o noso nacemento ata o día de hoxe, o único que veriamos sería un pequeno río. Un río insignificante e ao mesmo tempo infinito.

Debaixo das rúas da Coruña hai un río que moitos non lembran, pero que de cando en vez reborda reclamando as nosas propias correntes subterráneas.

Ángeles Huerta nacida en Xixón, aínda que leva 14 en Galicia, é doutora en Literatura Comparada e realizou estudos de dirección cinematográfica na Met Film School de Londres. A súa última curta, The Fetch, seleccionada no "Short Film Corner" do Festival de Cannes, leva galardóns como o de Mellor Guión no Festival de Cans, así como unha grande acollida en diversos festivais internacionais. Esquece Monelos é a súa primeira longametraxe.

Dirección: Ángeles Huerta

Guión: Ángeles Huerta, Antón Núñez

Dirección de fotografía: Jaime Pérez

Montaxe: Sandra Sánchez

Son: Manuel Maneiro

Música: Sergio Pena

Produción executiva: Marta Eiriz, Gaspar Broullón, Sepi Bazarra

Unha produción de DangaDanga Audiovisuais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión