Concello da Coruña

Concello da Coruña

Creación da Rede de Comercios e Mercados no Camiño, e convócanse subvencións para fomentar a adhesión a ela

búscase fomentar a adhesión á Rede de Comercios e Mercados no Camiño

A quen vai dirixido?:

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que estean situadas nun concello onde transcorra un dos Camiños de Santiago e cumpran ademais os seguintes requisitos:

- Comerciantes comerciantes polo miúdo:

  1. Que desenvolvan a súa actividade comercial nalgún concello polo que transcorra algún dos Camiños de Santiago, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e quecumplan os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.
  2. Que, tendo a condición de peme, empreguen menos de 50 traballadores e non teñan a consideración de gran establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
  3. Que estean dadas de alta nalgún dos epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II.
  4. Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial encádrese na epígrafe 653.1 do IAE.

- As asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación desenvólvase nalgún concello polo que transcorra algún dos Camiños de Santiago.

- As asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación desenvólvase en concellos ubicadosen algún dos Camiños de Santiago, de ámbito municipal ou inferior ao municipal.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/10/2019 ata o 08/11/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 09/10/2019 ata o 08/11/2019

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191008/AnuncioG0424-240919-0003_gl.pdf

    Localización

    Centro Municipal de Empresas (Accede Papagaio). Plaza Papagaio, s/n, 15002, A Coruña.

    Teléfono: 981 189 887

    Correo electrónico: empresa@coruna.gal

    Máis información: https://www.facebook.com/emprendementocoruna

    Preguntas frecuentes

    Que é un espazo de coworking?

    O coworking é unha forma de traballo que permite a profesionais independentes, emprendedores e pemes de diferentes sectores, compartir un mesmo espazo de traballo, tanto físico como virtual, para desenvolver os seus proxectos profesionais de maneira independente, á vez que fomentan proxectos conxuntos.

    Que tipo de empresas poden optar a este espazo?

    • Persoas emprendedoras, aquelas que estean a traballar nunha idea/proxecto e vaian crear unha empresa relacionada, preferentemente, co ámbito da investigación, a tecnoloxía, e/ou a innovación.
    • Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan como máximo dous anos desde a data da súa alta censual e que, comezando a súa actividade empresarial, precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia, priorizando a súa pertenza a sectores relacionados coa tecnoloxía, investigación e innovación.
    • Usuarios puntuais: aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual, soliciten a utilización das instalacións e/ou servizos do centro.

    Que servizos inclúe?

    • Espazos de traballo compostos dunha mesa ampla de traballo, unha caixoneira e un despacho de billetes.
    • Acceso gratuíto a internet.
    • Servizos de apoio ao emprendemento e á empresa, entre os que destaca asesoramento, actividades formativas e de mentorización, organización de actividades e eventos relacionados coa creación de novas empresas, a innovación e as tics.
    • Espazos comúns: salas de reunións, cómodos espazos de descanso, e unha zona versátil onde se pode levar a cabo a presentación dun produto, encontros, reunións ou exposicións ou calquera outra actividade .
    • Servizos comúns tales como conserxería, administración, medios audiovisuais, reprografía e máquinas expendedoras.

     

    Como podo acceder?

    Con certificado dixital:

    Presentar a instancia xeral do Concello xunto coa solicitude de espazos Accede Papagaio e a documentación que corresponda a través da sede electrónica do Concello.

    Sen certificado dixital:

    Presentar a instancia xeral nunha oficina de Rexistro do Concello da Coruña xunto coa solicitude de espazos en Accede Papagaio e a documentación que corresponda.

    • Protocolo de información do ACCEDE Papagaio (1 MB)
    • Protocolo de acollida ao ACCEDE Papagaio (2 MB)
    • Bases polas que se rexe o proceso de admisión ACCEDE Papagaio (110 KB)
    • Solicitude de espazo ACCEDE Papagaio (133 KB)
    • Anexo I, Plan de empresa (273 KB)
    • Ampliación Anexo I, Plan de empresa detallado (584 KB)
    • Anexo II, criterios de valoración (282 KB)
    • Bases ACCEDE-Xa (1 MB)

    Cales son as tarifas?

    Utilización e aproveitamento de 66 postos nos espazos compartidos do centro, polas persoas ou empresas que resulten adxudicatarias conforme ás normas e procedementos establecidos na normativa reguladora do centro. O importe mensual será o seguinte:

    Cadro de tarifas:

    PREINCUBADORA DE PROXECTOS EMPRESARIAIS, o custo/mes:

    Seis primeiros meses

    Gratuíto

    Do sétimo ao duodécimo mes, inclusive, as tarifas serán as que seguen:

    Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

    60,00 €

    Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

    70,00 €

    Localización en 3 módulos de 3 promotores/as dun mesmo proxecto

    80,00 €

    Localización en 4 módulos de 4 promotores/as dun mesmo proxecto

    90,00 €

    Localización en 5 módulos de 5 promotores/as dun mesmo proxecto

    100,00 €

    INCUBADORA DE EMPRESAS, o custo/mes:

    Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

    108,00 €

    Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

    128,00 €

    Localización en 3 módulos de 3 promotores/as para un mesmo proxecto

    138,00 €

    Localización en 4 módulos de 4 promotores/as para un mesmo proxecto

    148.00 €

    Localización en 5 módulos de 5 promotores/as para un mesmo proxecto

    158.00 €

    Para o caso de usos puntuais das salas de reunións, salón de actos (sala conecta), espazos de formación, e postos compartidos por persoa ou entidade distinta ás enumeradas no apartado anterior, as tarifas virán determinadas en función do tempo de utilización da seguinte maneira:

    OCUPACIÓNS PUNTUAIS

    Xornada completa

    Media xornada

    Por horas

    Salas reunión tipo A (grande), custo/día

    60,00 €

    30,00 €

    10,00 €

    Salas reunión tipo B (pequena), custo/ día

    50,00 €

    22,00 €

    8,00 €

    Salón de actos (sala conecta), custo/día

    120,00 €

    60,00 €

    15,00 €

    Espazos de formación (mesa onda e sala de formación), custo/día

    100,00 €

    50,00 €

    12,00 €

    Custo dun módulo mes

    150 €

    -------

    --------

    Custo dun módulo semana

    60 €

    -------

    ------

    Custo dun módulo día

    35 €

    20 €

    ----

    Custo dun módulo hora

    ------

    ------

    10 €

    • Ordenanza fiscal ACCEDE Papagaio (146 KB)

    Cal é o horario?

    O horario de acceso ás persoas usuarias do ACCEDE Papagaio será de 08.00 horas a 20.00 horas ininterrompido de luns a venres, excepto festivos.

    O horario de administración será de 08.00 horas a 15.00 horas.

    O horario de conserxaría será de 08.00 horas a 20.00 horas.

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión